Así, pois, o compromiso socialista de Juan Antonio Dopazo máis o de Carmen foron dunha grande firmeza e, como deu a entender Carmen, con Juan atopou o compañeiro e o referente. A ela ilusionáballe traballar para o partido e dicía: "Canto me teño arrastrado eu polo socialismo" . Cando foron as primeiras eleccións democráticas participou pegando carteis polas rúas,tamén buzoneando e, como non, exercendo de interventora nas mesas electorais. Para ela foron anos de enorme felicidade pois podía expresar as súas inquedanzas en reivindicación do socialismo. Fiel ao seus principios en prol do socialismo, tamén formou parte das listas electorais como primeira suplente nas eleccións ao Congreso dos Deputados convocadas polo Real Decreto 1/1996, de 8 de xaneiro. Tal entrega mereceu que lle fora entregado o premio Con-Memoria 2023 por parte do Partido Socialista Obreiro Español e así mesmo é a presidenta de honra do Partido Socialista de Ourense.
Declarouse sempre unha feminista incansable e inquebrantable e ao lado doutras compañeiras como Julia Pérez Barroso, María Isabel Santos, Mercedes Bouzo, Manuela Blanco, abandeiraron o socialismo que era símbolo de liberade e igualdade.
Agora, xa centenaria, Carmen non minguou, en absoluto, a súa fidelidade co socialismo. Desde a nosa perspectiva e cos anos transcorridos decatámonos que a militancia de Carmen foi unha decisión moi valente polos tempos que aínda eran incertos e por ser muller. Por tal motivo, é importante recoñecer a súa valía, exemplo para moitas.
Vid: El Faro de Vigo; Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARIA,FICHERO,16,D0060321; A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. 2014. p. 93; Francisco Javier Quintas Ferreño, Historia do Movemento Obreiro Socialista en Ourense (1895-1936), Fundación Luís Tilve, 2012; "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 1/1996, de 8 de enero" B.O.E, núm. 32, de 6 de febrero de 1996, Domingos Sampedro, "El día que el PSOE dejó la clandestinidad", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2017; María Doallo, La Voz de Galicia, 17 de marzo de 2019.