Foron moitas as mulleres que non sendo naturais de Ourense viñeron a exercer na nosa terra deixando unha interesante impronta polas ideas refresecadas e novidosas que portaban.
Referenciamos hoxe a unha muller ilustre que naceu en Logroño no ano 1895. Era filla de Cesáreo Castillo e de Rosa Polo. Fixo os Estudos Superiores en Madrid e conseguiu o título de Mestra Normal. Estivo pensionada na Escola de Señoritas de Madrid e tivo unha relación estreita con María de Maeztu, a directora. En 1920 entrou no corpo de inspectoras e o seu primeiro destino provisional foi en Teruel.
Entre 1921 e 1922 obtivo unha beca e trasladouse a Massachusetts e profundizou nos saberes de bioloxía e organización escolar. Durante a súa estancia visitou escolas e Universidades para coñecer os métodos didácticos e pedagóxicos.
Ao remate do período becario retornou a España e exerceu como inspectora en diversas provincias, entre elas a de Ourense a onde veu destinada en 1931 correspondéndolle a zona de Ribadavia, Celanova, Bande, Allariz, Xinzo e Verín. Pasaría a ser unha compañeira máis de Antonia Ortiz e de María Cid, renombradas mulleres que exercían con profesionalidade.
(Fonte: La Región, 27 de agosto de 1931)
Permaneceu en Ourense durante un ano pois en agosto de 1932, por concurso de traslado, foi destinada a Salamanca. Seguro que imprimiu na ensinanza de Ourense eses aires de modernidade pedagóxica.
No ano 1933 casou co empregado de Facenda Emilio Álvarez e o matrimonio estableceu a súa residencia en Madrid. Coa chegada da Guerra Civil e a ditadura abríuselle un expediente de depuración e retirárona do seu cargo de inspectora. Estivo sometida a un Consello de Guerra por estar afiliada ao Sindicato de Traballadores do Ensino e ao Partido Socialista.
En 1947 reincorporouse no seu cargo e exerceu na provincia de Lugo. Seguiu formándose e especializouse en linguaxe de signos e foi socia fundadora da asociación de logopedia e foniatría. As súas ansias de perfeccionamento facían que Carmen estivese sempre renovándose e reciclándose, algo que a prensa tamén eloxiou cando participou nus cursos de formación agropecuaria para mestres que se celebraron en Lugo en xullo de 1948:
La inspectora de Primera Enseñanza doña Carmen Castilla que ha obtenido una pensión para ampliar estudios en el extranjero y que siente gran entusiamso por la obra iniciada en el cursillo, antes de ausentarse quiso hacer su aportación a las enseñanzas pedagógicas, explicando una lección aque versó sobre Organización Escolar. Los maestros que escucharon la disertación de la culta inspectora no ovidarán jamás tan amena como instructiva lección. Uno de los ideales que guían a doña Carmen Castilla en su viaje a Inglaterra, Bélgica, Holanda y Dinamarca, es el estudiar la organización de la Escuela Agrícola en cada una de dichas naciones, para ofrendar a la región gallega cuanto considere de aplicación a la cruzada iniciada por la Inspección provincial de Primera Enseñanza de Lugo. (1)
Estivo traballando ata os setenta anos ata xubilar en 1965 e rendéuselle unha bonita homenaxe. Faleceu en Madrid o 5 de marzo de 1979 á idade de 83 anos.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes. (1) "Cursillos de formación agropecuaria para maestros nacionales" El Progreso 31 de xullo de 1948, p. 4; El correo de Galicia, 4 de febreiro de 1932, p. 4; La Región, 27 de agosto de 1931, p.1; Entrada Wikipedia Carmen Castilla Polo; Flores y abejas : revista festiva semanal, Número 2566, 30 de novembro de 1965, p. 1)