María Cid López
[1] naceu nas terras de Valdeorras, Ourense, o 22 de marzo de 1900 e os seus pais rexentaban un comercio na cidade. O 7 de xuño de 1912 fixo o exame de ingreso no Instituto Provincial e logo matriculouse en catro cursos por oficial. As cualificacións obtidas foron brillantes pois sacou catorce Matrículas de Honra. Rematou os estudos en 1916 e o 5 de agosto de 1918 solicitou un certificado da Escola Normal de Ourense e comezou a traballar como mestra interina.
Aprobou as oposicións de maxisterio en 1920 e tivo o seu primeiro destino provisional na escola de Barbadás, Ourense. Posteriormente accedeu á función inspectora.
O acceso das mulleres á función inspectora materializouse no Real Decreto do 7 de febreiro de 1913 que dicía:
“Inspección femenina, a cuya gestión habrá de confiarse un número prudente de Escuelas de niñas. Se trata de un ensayo al cual va resueltamente el Ministro que suscribe, deseoso de contribuir a la obra iniciada en anteriores disposiciones de este departamento, por las cuales la mujer va logrando en España las facilidades necesarias para realizar su vida y toda la posible colaboración en la función docente. Es de esperar que las nuevas inspectoras cumplirán su misión con tal eficacia que anime a dar mayor alcance a este ensayo, cuyo desarrollo en la práctica servirá de norma para adoptar las determinaciones que se estimen más útiles”. [5]
Hai que dicir que para formarse para o corpo da inspección había que acudir aos Estudos Superiores de Maxisterio de Madrid.
Como dixemos, polo RD do 7 de febreiro de 1913 créase o corpo de inspectoras (Lei de Rafael Altamira). No artigo 2 indícase como se procedería co acceso:
Dous terzos da inspección procederían por nomeamento directo da Escola Normal Superior; outro terzo accederían por oposición que consistía na realización na Superior de Madrid de cinco exercicios: -Exercicio escrito de dous temas sacados a sorte de entre vinte sobre Pedagoxía, Historia da Pedagoxía, Lexislación escolarcomparada e técnica da inspección. -Exercicio oral a cinco temas sacados a sorte entre os mencionados anteriormente. -Tradución do francés dun texto de Pedagoxía e sen emprego de dicionario. -Exercicio práctico sobre a tramitación de algún expediente ou unha visita a unha escola. -Exercicio práctico de ensinanza nunha escola nacional. |
O RD do 4 de marzo de 1915 introducíronse modificacións pois accederíase á función inspectora por Auxiliarías e a proba escrita consistía na realizarción de tres exames:
-Exercicio escrito que consistirá nunha redacción dun informe sobre un caso práctico de lexislación escolar e outro sobre un punto de Pedagoxía ou Historia de Pedagoxía ou Organización escolar. Realizarase ante tribunal. -Exercicio práctico: visita de inspección a unha escola pública ou privada e redactar un informe. -Exercicio oral que consiste en contestar verbalmente a un tema sobre Piscoloxía pedagóxica, Organización escolar e Didáctica e a traducir correctamente do francés.
|
Durante o período da Ditadura de Rivera ditáronse o RD do 12 de febreiro e do 29 de agosto de 1924 e o RD do 13 de outubro de 1925 cos que houbo unha volta atrás no referido á inspección educativa. Houbo outro decreto máis neste período que foi o RD do 16 de abril de 1926 no que se estableceu que o Ministerio adscribía aos inspectores segundo conviñera e, polo tanto, considerábanse persoal da máis estrita confianza do réxime. Coa chegada da República derrogáronse os decretos da ditadura e restableceron aspectos do 5 de maio de 1913 pero ao longo do período foise axustando un regulamento de acordo coa nova conxuntura e cos propósitos que tiñan sobre a educación.
[6]
No planteamento das oposicións é apreciable que houbo unha evolución no perfil da función inspectora ao longo das diferentes regulamentacións. Nun primeiro momento requeríase unha inspección erudita de coñecementos teóricos demostrados por medio da superación dunhas probas sobre a historia da pedagoxía; metodoloxía e lexislación. En 1913 buscábase unha faceta máis práctica xa que ademais de coñecementos de pedagoxía tiña que realizar exercicios de carácter práctico baseados no suposto da tramitación de expedientes e de carácter didáctico coa impartición de clases nunha escola nacional. En 1915 as oposicións introducían coñecementos de psicoloxía e os exercicios prácticos reducíanse á unha visita a unha escola e a redacción dun informe sobre a inspección. Agora ben, en todos os sucesivos procesos de oposición introduciuse o exercicio de tradución dun texto do francés para dar proba das destrezas do manexo dun idioma estranxeiro, o que demostra o interese de que os inspectores fosen persoas cultas e con capacidade de enriquecerse coa lectura de libros estranxeiros sobre cuestións pedagóxicas, didácticas ou metodolóxicas para estar ao tanto dos movementos reformadores e modernizadores europeos.
Dito isto podemos continuar dicindo que, cumprindo os requisitos pertinentes, María Cid presentouse en 1929 ás oposicións á inspección. Ese ano ofertábanse oito prazas pero tras finalizar o proceso destacáronse os méritos de tres mestras máis, considerándose a posibilidade de que se lles adxudixase unha praza, segundo a regulamentación de 1915. Entre esas mestras meritorias atopábase María que sería nomeada inspectora da provincia de León en decembro de 1929 cun soldo de 4000 pesetas. No ano 1932 foi destinada a Murcia e despois a Santa Cruz de Tenerife. Logo xa obtivo o traslado a Ourense, tomando posesión do cargo o 25 de xaneiro de 1933. Asignáronlle a zona do Partido Xudicial de Carballiño (menos Cea e Piñor de Cea que se incluían noutra zona) e uns anos despois corresponderíalle a de Bande.
Comezou a ter notoriedade entre a sociedade ourensá. Era habitual vela formar parte de tribunais de oposición. Tamén acudía ás Semanas Pedagóxicas como á de Ribadavia onde disertou sobre “La ficha escolar”. Nesta charla puxo de manifesto un concepto novo de ensinanza-aprendizaxe e os posibles condicionantes de aprendizaxe na escola
[2]. Comezou dicindo que unha das características fundamentais da Escola é o coñecemento que se debe ter do dobre aspecto, físico-psicolóxico, dos nenos. Mantiña que as escolas debían proporcionarlles aos cativos o traballo máis adecuado ás súas aptitudes e aficións. Indicou que o docente debía facer unha observación exhaustiva dos educandos para lograr éxito no estudo comezando pola realización da
ficha paidolóxica de cada un dos escolares na que se debía recoller os seguintes datos: o nome do neno, idade, data de ingreso na escola, estado da cultura, nomes dos pais, idade destes no nacemento do fillo, enderezo, profesión, etc. Tamén debía incluír o peso, talla, musculatura, deformacións, sangue, agudeza visual, agudeza tactil, enfermidades padecidas, pronuncia, etc. Na ficha tamén deberían constar os traballos e as referencias dos pais, avós, bisavós e tías, incluso as enfermidades que padeceron e idade á que faleceron. Ademais debía anotarse información sobre cuestións psicolóxicas conxénitas e as aptitudes, actitudes, aficións, memoria, vontade, imaxinación... Toda esta información, física e psíquica, dos nenos debía servir para que o docente soubese adaptar a aprendizaxe a cada neno.
Tamén era propio dela reunirse cos mestres da súa zona para chegar a constituír un Centro de Colaboración Pedagóxica e compartir experiencias entre todos. En concreto en Boborás indicou aos docentes a influencia decisiva que teñen no labor educativoas novas institucións culturais. E noutra ocasión ela mesma encargouse dos preparativos da excursión cos nenos de Boborás, actividade que sería resaltada na prensa :
“Los niños rebosando emoción y alegría, van ocupando sus puestos. Nuestra eximia inspectora doña María Cid López vence con insuperable entusiasmo el agotamiento producido por largos y fatigosos días de peregrinación visitando escuelas enclavadas en inhóspitos lugares y se dispone con ejemplar grandeza de alma, a dirigir la excursión, dándole así solemnidad y prestigio…” [3]
Era unha muller de convicións modernas e, por tal motivo, estaba fichada como "afecta ao Republicanismo":
(Fonte. PARES. Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARÍA,FICHERO,12,C0142700
En 1937 ocupou o cargo con carácter interino de Xefa Inspectora polo cese de Don Afonso Iniesta. O 22 de novembro de 1939 foi nomeada Inspectora xefa de Primeira Ensinanza desta provincia, cargo do que cesará voluntariamente o 17 e novembro de 1944. Anos despois, en xaneiro de 1950, cesa voluntariamente nesta provincia para pasar a prestar servizos en calidade de agregada en Toledo:
En las oficinas de la Inspección de Enseñanza Primaria de Orense a veinticinco de enero de mil novecientos cincuenta, se extiende la presente diligencia para hacer constar que, con fecha de ayer, se ha recibido del Ilustrísimo sr. Director General de Enseñanza Primaria una comunicación que, copiada a la letra dice:
Con esta fecha, el Excmo Sr. Ministro del Departamento me comunica lo siguiente: “Ilmo Sr. Este Ministerio acuerda que la Inspectora de Enseñanza Primaria de la provincia de Orense, Doña María Cid López, pase agregada a la Inspección de Enseñanza Primaria de la provincia de Toledo, si bien seguirá percibiendo sus haberes por la plantilla de Orense. Lo que traslado a V.I a los efectos oportunos. Dios guarde a Vd muchos años. Madrid, a 18 de enero de 1950, etc.
Y para que conste, a los efectos que en orden se tramita, lo firmo en Orense, con el visto bueno del Sr. Inspector Jefe, en la fecha señalada.
Inspector jefe. Emilio Nogueira
Inspectora Secretaria: Antolina Vila[4].
Con data de 12 de setembro de 1952 reintégrase de novo na plantilla de inspectores en Ourense, actividade que compaxinará coa súa incorporación ao plantel de profesorado da Normal de Mestras.
Exerceu de inspectora ata o ano 1966. En maio de 1968 o maxisterio do Barco de Valdeorras tributoulle unha homenaxe e o alcalde fíxolle entrega dunha placa de prata. A dedicación de María Cid na función inspectora era, deste xeito, recoñecida e agradecida.
(Elaboración propia. Entrada suxeita a publicación)
[1] Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento. El magisterio español, Revista General de la Enseñanza, Número 4101, 6 de maio de 1913, p. 243; El Magisterio español, Revista General de la Enseñanza Número 6232, 21 de febreiro de 1922, p. 362; El Magisterio español, Revista General de la Enseñanza Número 8369, 5 de agosto de 1929, p.15; El Magisterio español, Revista General de la Enseñanza , Número 8970, 14 de abril de 1932, p. 70; El Magisterio español, Revista General de la Enseñanza, Número 8982, 12 de maio de 1932, p. 238; El Progreso, Número 10824, 7 de maio de 1929, p.3; La Libertad, Número 3052, 29 de decembro de 1929, p.10; El Día de Palencia, Número 12584, 9 de xaneiro de 1930, p. 6; El Pueblo gallego, Número 5046, 24 de novembro de 1939, p. 1; Número 3115, 23 de marzo de 1934, p. 10; Manuel SOUTO CACABELOS, Manuel “Boborás. Labor cultural”, El Pueblo gallego, Número 3417, 21 de marzo de 1935, p. 11; Número 3500, 26 de xuño de 1935, p. 3; El Correo gallego, Número 25563, 13 de marzo de 1954, p. 5.
[2] “Semana Pedagógica en Ribadavia”, La Zarpa, 11 de abril de 1934, p. 1.
[3] El Pueblo gallego, Número 3519, 18 de xullo de 1935, p. 13.
[4] AHPOu, Libro registro de inspectores (1947-1971), p. 21, Caixa 24121/12.[5] Real Decreto del 7 de febrero de 1913, Gaceta de Madrid, 9 de febreiro de 1913, pp. 338. [6]Vid: LÓPEZ DEL CASTILLO, Mª Teresa, Historia de la inspección de primera enseñanza en España, Madrid, Ministerio de Cultura y Deporte, 2013; FLECHA GARCÍA, Consuelo, “La inspección de Primera Enseñanza en la España del primer tercio de siglo XX: modelos, contextos y protagonistas” Historia Caribe - Volumen XIII N° 33 - Julio-Diciembre 2018 pp 179-218; MAYORGA MANRIQUE, Alfredo, “La inspección en el nivel de la educación primaria. Proceso histórico, Revista de Educación. Inspección educativa, 320, Setembro-Decembro de 1999, pp 13-41; GÓMEZ SANMIGUEL, Eva, Inspectoras de primera enseñanza en el segundo tercio del siglo XX, Tese de Doutoramento, Universidade Complutense de Madrid, 2017; CAMACHO PRAT, Alexandre, “Los antecedentes remotos de la inspección educativa durante el antiguo régimen”, Supervisión 21. Revista de educación e inspección, nº 38, 2015, versión dixital; RAMÍREZ AISA, Elias: «Génesis y configuración de la Inspección de Educación en la España liberal, 1808-1874». Madrid: UNED, 1998. Director: Dr. Manuel de Puelles Benítez.. Historia de la Educación [Internet]. 23 Sep 2013 [citado 14 May 2020]; 17(0): 536-537. Disponible en: https://revistas.usal.es/index.php/0212-0267/article/view/10764. Foto: Vida gallega : ilustración regional: Año VIII Volumen V Número 77 - 1916 octubre 30, p. 17.