RECANTO DE REFLEXIÓNS

19 octubre 2022

LUÍSA VILA BARROS

Naceu na Coruña o 9 de abril de 1902. Era mestra nacional co título superior e aprobou as oposicións en 1929. Déronlle en 1934 a escola de nenas de Viana do Bolo. Dise que editaba un periódico escolar titulado "El escolar de Viana do Bolo" no que escribían sobre Galicia (1). Luísa era a secretaria da Asociación de mestres de Viana e Vilariño e como tal levou a cabo a organización de conferencias para os mestres da zona como a impartida por Lucita Pérez sobre Xeografía Física e a de Neoterio Antolín sobre o Calor.

En setembro de 1936 foi destituída acusada, como moitos dos seus compañeiros e compañeiras, de moscovita, socialista e comunista. En maio de 1940 confirmouse a sanción de suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia por un período de cinco anos e inhabilitación para ocupar cargos directivos. Foi enviada ao pobo de Lences de Bureba na provincia de Burgos. Alí se afincou pero continuou traballando en pro da cultura fomentando o teatro entre os veciños e organizando certames nos que se representaban as obras ensaiadas polos propios lugareños.

O último dato que se ten é que no ano 1962 se traladou a Barcelona para ocupar unha vacante a escola.

(1) Este dato sobre o periódico escolar está recollido nas Actas do Congreso da Memoria de Narón de 2003, p. 248.(Elaboración propia a partir de diversas fontes). Vid: El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, Número 9202, 14 de outubro de 1933, p. 4; Diario de Burgos, 4 de xuño de 1947; Diario de Burgos, 15 de febreiro de 1957; Diario de BurgosLa Región, 10 de xaneiro de 1935; La Región, 4 de setembro de 1936.