(Entrada suxeita a publicación).
Naceu en Ourense o 9 de marzo de 1901 e era irmá de Delia sendo os seus pais, polo tanto, Francisco Osorio, natural de Vilar, Coles, de profesión industrial e de Pilar Otero nacida en Barra, Coles. A nena naceu no domicilio do matrimonio na rúa do Progreso, número vinte e un. Cleofé ingresou no Instituto de Ourense o 16 de setembro de 1918 e realizou todos os cursos de bacharelato de forma oficial e acadou o título en 1925 cunhas notables cualificacións.
Despois do Bacharelato e para acadar o título de maxisterio matriculouse durante 1925 e 1926 das materias de Pedagoxía de primeiro e segundo curso, Historia da Pedagoxía, Costura, Bordado en branco e corte en roupa branca, Corte de vestidos e labores artísticas, Música de primeiro e segundo, Economía doméstica e Prácticas de primeiro e segundo curso. As prácticas realizounas no colexio de Párvulos da cidade sendo a súa titora a mestra Elvira Acevedo Rodríguez.
Rematados os estudos presentouse ás oposicións en 1928 pero acabaría facendo os cursiños profesionais de acceso ao maxisterio que se convocaron para o 26 de outubro de 1931.
En 1932 déronlle destino na escola de nenas de Penanaveira en Melón[1]. Por ese entón afiliouse a A.T.E.O. e participou nas asembleas da asociación, aínda que non ocupou ningún cargo directivo como si fixera Delia. En 1936 obtivo destino na escola de Berrande en Vilardevós pero o 4 de agosto de 1936 foi sancionada, como o resto dos seus compañeiros de A.T.E.O., coa suspensión de emprego e soldo por un período de tres meses, acusada como eles de encher de ideas comunistas as mentes dos infantes e envelenalos de odio.
Pero non quedou aí a sanción pois actuou Alfonso Iniesta Corredor, inspector Jefe de Primeira Ensinanza e Vogal Secretario da Comisión Depuradora de Ourense, solicitando informes de Cleofé sendo proporcionados polo cura párroco de Santa María de Melón e de Berrande, do Alcalde Gestor e o de Vilardevós, da Garda Civil de Verín e da Policía e un informe dos pais de familia do pobo de Berrande. Neles indicábase que, se ben é certo non se tiña coñecemento de que Cleofé pertencera ao partido da Fronte Popular, si estaba claro que era simpatizante pois: “mostró publicamente su alegría, es decir, sin recatarla, cuando supo el triunfo electoral de Frente Popular…que le alegraban las leyes depravadas y antirreligiosas que dio”[2]. En concreto, o párroco Francisco Díaz Fernández manifestou: “…Como se sabe, pertenecía a la A.T.E.O. y es indudable que simpatizaba con las izquierdas pues hizo manifestaciones públicamente repetidas veces de alegría al saber que habían triunfado en las últimas elecciones…”[3]. Os sacerdotes concretaron que era pouco católica e incluso o de Berrande chegou a dicir que máis ben era anticatólica: “pues no se consideraba obligada a cumplir las leyes de la Iglesia, que infringia sin reparo”[4]. Esta acusación sería tamén confirmada polo Alcalde de Vilardevós e o Comandante da Garda Civil de Verín.
Finalmente e con data do 23 de maio de 1938 fóronlle imputados catro cargos, o de ser simpatizante dos partidos integrantes da Fronte Popular facendo públicas manifestacións de alegría ao saber que triunfaran; de alegrarse cando a Fronte Popular levaba á práctica algunha lei anticatólica e “depravada”; de non gardar as leis da igrexa e, por último, de estar afiliada á A.T.E.O.[5].
Cleofé no prego de descargos datado do 5 de xuño de 1938 manifestou que, en efecto, pertenceu a A.T.E.O. e dixo “por este motivo a principios del Glorioso movimiento, ya fue sancionada con tres meses de suspensión de sueldo, si bien, se redujo a uno, así que toda pena después de sancionada toco a su fin, me llama la atención se nombra otra vez”[6] pero negou todo o demais. Dicía que non era certo que tivese simpatía pola Fronte Popular e de que fixera manifestacións públicas de alegría. Di que non coñecía de nome a ningún dos que formaban parte da Fronte e que non os votara e que “como empleada del Estado hice lo que todos, callar y resignarme, y esto es simpatía?, no, es obligación, por lo tanto es inexacto lo que en el se me dice…”[7]. Sobre a súa conduta moral e relixiosa alegou e presentou un certificado do 4 de xuño de 1938 do Párroco de Berrande no que se dicía: “…desde el Glorioso Movimiento ha observado la Maestra muy buena conducta moral, social y religiosa…”[8].
Malia todos os informes que alegou non se librou da sanción e Cleofé foi separada definitivamente do servizo o 24 de abril de 1940. Dous anos máis tarde, o 22 de abril de 1942, solicitou a revisión do expediente e o xuíz revisor.
En efecto, o xuíz emitíu un comunicado o 29 de maio de 1942 no que, vistos os documentos que engadían ao recurso do Alcalde de Vilardevós, dos veciños de Berrande, mestres nacionais, Garda Civil, Presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza, capitán de Carabineiros de Verín e de varios sacerdotes considerou oportuno atenuar a condena e imporlle a de suspensión de emprego e soldo polo tempo que o estivo con perda de haberes deixados de percibir e trasladala dentro da provincia non podendo solicitar vacantes en dous anos e a inhabilitación para cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza[9]. Sen dúbida, a proposta, aínda que dura, permitía que Cleofé se incorporase á docencia. Despois da súa readmisión no maxisterio estivo destinada na escola de Alende en A Peroxa.
Cleofé residiu coa súa irmá Delia na rúa Salto do Can, nunha vivenda de renda limitada e faleceu en Ourense o 13 de abril de 2002.
[1] “Nombramientos de interinos” (19 de abril de 1932). El Pueblo Gallego, p. 12.[2] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0004.[3] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0009.[4] Idem.[5] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0015.[6] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración” . 32-12791-029-0017.[7] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0016.[8] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0018.[9] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0024.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Esta entrada é un extracto du artigo que estou a redactar sobre as mestras afiliadas a ATEO. Publicacións suxeita a rexistro de propiedade).
Fontes: Arquivo da Universidade de Vigo, “Expediente académico de Cleofé Osorio
Otero”; “Nombramientos de interinos”, El
Pueblo Gallego, 19 de abril de 1932, p. 12; MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32-12791-029-0004; MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32-12791-029.