(Entrada publicada no libro O rueiro que queremos feminino e plural.)
Sally Albaugh naceu en Fredonia, EEUU, no ano 1952 pero vivíu entre Santiago de Compostela e Ourense ata instalarse definitivamente en Ourense en 2005. Foi unha autoridade na Pedagoxía Musical en Galicia impartindo cursos onde adaptaba o método Kodaly á música e cancións galegas. Naceu no seo dunha familia media e era a segunda de tres irmáns. En Fredonia, desde os dez ata os dez e sete anos estudou Educación Primaria e Secundaria e os instrumentos de clarinete, piano, fagot e voz conxuntos e formaba parte de bandas, orquestras e coros mixtos. Aos dezaoito anos, matriculouse no Conservatorio Superior de Música de Cincinnati, en Ohio, e no ano 1974 obtivo a Licenciatura Universitaria en Pedagoxía Musical e comezou a traballar como profesora de Música no Colexio Lew Muckle nas Illas Vírxenes. Estivo no colexio ata 1976impartindo clases de fagot ao mesmo tempo que era fagotista da orquestra de San Luis Obispo en California.
Sally tiña a música como profesión e como vocación e continuou formándose ata sacar en 1978 o título de Master´s en Pedagoxía Musical na Universidade de Holy Names de Oakland, California na que, durante cinco anos, se formou na Pedagoxía de Zoltán Kodály, un método que defendía que o intelecto, as emocións e a personalidade podía desenvolverse e traballarse a través da práctica da Música. O principio básico era que a música era accesible a todos e podía haber calidade musical aínda que fose sinxela[1]. O xesto tiña importancia no proceso de ensinanza e Sally empregaba os xestos de fonominia que consistía en aplicar a cada nota un xesto coas mans. Polo tanto, traballou unha pedagoxía moi rica pois xuntaba a música con xesto dándolle significado ás notas musicais.
Sally chegou a España en 1981 para facer a súa tesina universitaria e comezou a dedicarlle moito tempo ao estudo do folclore español infantil e, en concreto a canción galega. Logo conseguiu a homologación dos seus títulos co Título Superior de Pedagoxía do Conservatorio. Ao mesmo tempo autoformábase e era quen de ser autodidacta para aumentar os seus coñecementos sobre a música e a súa pedagoxía. Aséntase en Galicia e en 1982 comezou a traballar como profesora de Música no Colexio Peleteiro de Santiago e un ano despois trasladouse ao Conservatorio Superior no que anos máis tarde, en 1989, ocuparía o cargo de Xefa de Estudos. Xunto ao seu labor no Conservatorio tamén desenvolvía o cargo de Coordinadora de Solfexo en Estudo escola de música e formou parte da Xove Orquestra de Santiago e a Orquestra Sinfónica da Coruña e a de Cámara de Vigo.
Pero Sally tamén se embarcou en aventuras jazzísticas pois víao un estilo musical con moita pedagoxía polo seu fluír segundo o ambiente e ademais transmitía unha grande calidez humana que era, en definitiva, o que Sally transmitía nas súas ensinanzas.
Formou parte do grupo Tócame Jazz, tamén da agrupación Trío Jazz Only que estaba formado por dous norteamericanos e un músico de Redondela que tocaba o baixo. E logo pasou ao Cuarteto Baio Ensemble[2] creado por Alberto Conde, un músico ourensán que naceu en Caracas en 1960 pero estaba afincado en Vigo, un pioneiro da promoción do jazz en Galicia[3]
Compaxinaba a súa profesión docente no Conservatorio con actuacións en directo co grupo Baio Ensamble con quen actuou en Vigo. Alí coñecería a Lorenzo Tabarés o fundador e contrabaixista do grupo ourensán Abuña jazz que se creara en 1986 e que tocaba diversos estilos: fusión, swing, bossa, funk… En 1994, Sally entrou a formar parte como vocalista do grupo e logrou enriquecer a calidade do repertorio. Pouco a pouco converteuse nunha peza imprescindible no grupo xa que tiña unha grande disciplina e tesón e algo importante, nos concertos vaise visibilizar a muller de cara o público.
Despois de catro anos, no mes de abril de 1998, Sally e Lorenzo casaron na Catedral de Santiago de Compostela. O matrimonio veu vivir a Ourense residindo na Praza do Trigo pero Sally debía acudir semanalmente a Santiago xa que en 2003 pasou a desempeñar o cargo de directora do Conservatorio Superior de Santiago de Compostela onde impartía linguxe musical, iniciación, música activa, coro, audicións, folclore, pedagoxía e práctica do profesorado. Materias nas que desenvolvía práctica moi activas e motivadoras.
Pero a sona de Sally en Santiago era moi grande sendo tamén reclamada en Academias de canto como a Drop e a Academia CESOGA onde se preparaba ao alumnado para as oposición de Música en Educación Primaria.
Ela era unha experta na música española infantil pois a súa tesina versaba sobre este tema. Elaborou textos de música e cancioneiros baseados nas súas investigación e publica interesantes materiais para traballar nas escolas: “Música en la escuela” e “ La música es nuestro lenguaje” para nenos de primaria e guías para os docentes; e materiais para traballar no Conservatorio como “Coro”; “La visualización musical”. Todo isto demostra a preocupación de Sally pola pedagoxía musical, por aplicar uns métodos activos e que motivasen aos nenos e nenas.
Pero a personalidade de Sally era dunha grande afouteza e solidariedade. Cando abriu o Conservatorio Profesional de Música de Santiago en 2004 foi para Sally unha época de grandes complicacións xa que supuxo unha redución de matrícula e o despido de persoal docente. Ela loitou para lograr que, polo menos, unha parte da plantilla do conservatorio pasara a ser persoal fixo do novo conservatorio da Xunta de Galicia e non estaba disposta a despedir a ninguén. A súa loita supuxo un grande desgusto e comezou a ter problemas de estómago. Pensou que ese malestar era debido ao nerviosismo e ansidade pola situación laboral que estaba a vivir e á preocupación polos seus compañeiros e compañeiras do conservatorio.
Marchou a Estados Unidos para visitar á familia e descansar pero, lamentablemente, atopábase mal e acudiu ao médico e detectoulle un cancro de útero xa moi avanzado. Regresou a Ourense e no ano 2005 tivo que deixar de traballar debido á súa enfermidade. Sally e Loren deixaron a cidade e trasladáronse a vivir a Mende, na rúa Santo número tres. A situación empeorou e o 20 de xaneiro foi vencida polo cancro, tiña 55 anos.
As homenaxes sucedéronse en Ourense, a cidade que a adoptou e que ela amaba. Os nenos foron os protagonistas pois ela defendeu a música e a docencia musical para que os cativos amaran a música e se expresaran a través dela. Como profesora aunaba paciencia e pedagoxía para os máis pequenos.
Foi unha muller de grande talante para o traballo, responsable e tenaz. Defendía a música como unha arte que é de todos, pois tal como ela dicía: La música es nuestro lenguaje, seguro que para ela tamén era unha linguaxe sinceira.
[1] https://metodoss.com/kodaly/ consultado o 31 de marzo de 2020.
[2] “O imaxina sons chega a súa recta final” https://xornal.vigo.org/noticias/6475-o-imaxina-sons-chega-a-suacutea-recta-final consultado o 31 de marzo de 2020.
[3] B.R. Sotelino, “En los años 80 los hacíamos jazz éramos cuatro gatos”, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2008/10/12/anos-80-haciamos-jazz-eramos-cuatro-gatos/0003_7217103.htm consultado o 31 de marzo de 2020.