RECANTO DE REFLEXIÓNS

13 marzo 2022

ADELAIDA PÉREZ ÁLVAREZ

Naceu en Trives o día 15 de novembro de 1901. Aparece nos rexistros de matrícula do Instituto ourensán pero non chegou a matricularse e figura no seu expediente que cursou ditos estudos no Instituto de San Isidro de Madrid pola rama de Ciencias titulando en 1926. Durante esta etapa residiu na rúa Ataúlfo, número 10 da capital. Posteriormente, matriculouse na Facultade de Ciencias na sección e Farmacia na Universidade Central e obtivo a titulación en 1930[1]. A continuación comezou a exercer a súa profesión e abriu unha farmacia en Trives e, posteriormente, abriu outra en Allariz, na que traballou ata xubilarse [2].



[1] Arquivo Histórico Nacional. Universidades. 6001. Exp. 15. [2] Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156. Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 243. (Foto extraída de Freire Quintas; “Montederramo”. ( 16 de xullo de 1930). Galicia, p. 3; “Notas de sociedade” ( 21 de setembro de 1926). El Pueblo Gallego,  p. 13.