RECANTO DE REFLEXIÓNS

08 agosto 2021

DOLORES FERNÁNDEZ QUINTÁNS


Dolores Fernández Quintáns
era filla do industrial Severo Fernández, unha familia distinguida de Ourense e moi querida polos ourensáns, tal como se demostrou no sepelio do seu irmán, José Manuel Fernández Quintáns que faleceu en outubro de 1955. 

Estudou para mestra e, animada por Vicente Risco,  vai colaborar na revista Nós, concretamente no número 123, na sección "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza". Presentou un un conto no que fala dun home que era de Navín e que tiña afición pola Astroloxía, pero que a xente do lugar considerábao un pouco estrano aínda que de grande cultura. Nunha ocasión os paisanos querían saber o alcance da cultura deste home e puxeron un papel por debaixo da pedra onde adoitaba a sentarse. Cando o Astrólogo chegou pronunciou unha frase que deixou a todos os homes asombrados.  Cando o home morreu deixou uns legaxos onde tiña anotados os seus algoritmos e cálculos matemáticos.
Volve a ser interesante as reflexión que fai a autora ao pé de páxina facendo mención ao matemático e astrólogo Ramón Aller creador de instrumentos de medición e observación celeste.


Revista Nós, 15 de marzo de 1934, ano XVI, nº 123.


En 1934 obtivo a praza de Siabal en Paderne de Allariz, onde exerceu durante moitos anos, só pedindo licencia por un mes debido a unha enfermidade. O 3 de maio de  1940 casa con Luis Fabello Álvarez, un axente comercial  de Herederos Severo Fernández, S.L e que faleceu en setembro de 1968 á idade de cincuenta e seis anos. 

Dolores Fernando exercería como mestra ata a súa xubilación desempeñando a súa función en diferentes escolas da provincia.

Vid: El Pueblo gallego, 13 de novembro de 1934; 6 de setembro de 1968; La Noche 24 de outubro de 1955.