RECANTO DE REFLEXIÓNS

07 marzo 2021

MOTÍN DE MULLERES DE RIBADAVIA

As mulleres ourensás, malia estar educadas para seren dóciles e seguir os preceptos patriarcais, foron quen de encararse cando eran presas das inxustizas. Tal foi o caso das mulleres de Ribadavia que outubro de 1889 se amotinaron no Concello para protestar polo arriendo dos consumos. O caso é que o imposto a consumos supuña gravar os prezos dos alimentos máis esenciais e as mulleres non estaban dispostas a soportalo. Era un imposto indirecto establecido en España no século XIX  e vixente ata 1920 e que trouxo consigo un gran malestar e foi motivo de moitas protestas. Pois ben, en Ribadavia, cando o alcalde  se dispuña a debater no pleno o asunto do imposto dos consumos, un grupo de mulleres fóronse xuntando na praza e comezaron a proferir en altiva voz frases de protesta. Non conformes co iso, chegaron a asaltar a Casa Consistorial presentándose en tropel no salón de sesións. O Alcalde pretendeu animalas a disolver a protesta prometendo que non se ía tomar medidas que prexudicaran os intereses do pobo. Cando o Alcalde se dispuña a abandonar o Concello foi perseguido polas manifestantes a algunhas colleron paus. A pesar da intensa protesta a situación chegou a calmarse.

Este feito dá imaxe de que as mulleres non temeron defender aquilo que consideraban preciso.


(Carta de arriendo de consumos de Ourense, 22 de setembro de 1910)

Vid: Diario de avisos de La Coruña, 1889 outubro 13, p. 2, "Impuestos de consumos" entrada Wikipedia

(Pintura: "Mulleres galegas" de María Antonia Dans. Non representa a escena,  é ilustración.)