Estudou no Colexio Madres Concepcionistas de Madrid e xa compuxo alí varias cancións. Estudou por libre no Conservatorio de Madrid onde sacou sobresaliente. Fixo estudos de canto baixo da dirección de Lola Rodríguez de Aragón e acadou o título de Profesora no mesmo Conservatorio coa cualificación de sobresaliente. Rematou os estudos de música en 1960. Acudía con frecuencia a Santiago para participar como becada nos Certames de "Música en Compostela" que duraban dous meses no Hostal dos Reis Católicos. Participou en 1965 no I Festival da Canción do Miño e obtivo o segundo premio pola canción. " La voz del río".
Estudou en Italia, Francia e Portugal. E continuou perfeccionándose en Barcelona onde estudou con Conchita Badía a que fora discípula predilecta de Granados. Tamén se formou en Pedagoxía do Canto. Como admiradora da terra das súas orixes, gustáballe percorrer a provincia para recoller cancións populares e versionalas en concerto.
Os titulares da prensa "La Noche" describíana como "Promesa da música lixeira española" pois triunfou con enorme éxito no I Certame da Canción en Madrid e onde interpretou a canción "Sólo quiero olvidar", canción composta por ela como outra treintena de composicións feitas por ela.
Tamén musicaba poemas de insignes poetas como "Canción do berce" poema do libro "Estampas Gallegas" de José Fernández Méndez e versos de García Lorca e Pura Vázquez. Esther fixo o Ciclo de Cancións tristes que lle valeu o título honorífico no Premio Montes. A canción foi interpretada por Eshter en Barcelona obtendo un grande éxito. O poema de Jesús Manuel García musicado por Eshter dicía:
Vel-ahí ven, vel-ahí vai,
pol-o ceo unha estreliña:
pol-o río, vel-ahí ven
do toxo linda froliña.
Vel-ahí ven, vel-ahí vai,
a durmir o pequeniño
despaciño, vel-ahí ven
o soño do meu neniño.
Vel-ahí ven, vel-ahí vai,
a boneca de cartón
en camisa , vel-ahí vai,
a durmir no seu rincón.
A súa querenza pola terra fixo que, ademais de recoller cancións populares e tradicionais, participase no III Certame de Música Galega en Pontevedra: "Hay mucho de Galicia en mi casa, mi familia". En Pontevedra participou cun "Lieder" sobre poesía galega, exactamente "Cuatro Canciones Tristes" escritas en galego.
( Fonte: La Noche, 9 de setembro de1960)
La Noche, 1967 novembro 1
( Fo
Esther tería a honra de presidir a Fundación Julio Prieto Nespereira ata o seu falecemento en Valencia o 2 de maio de 2012 cando tiña 81 anos.
(Elaboración propia. Vid: La Noche, 9 de setembro de1960 ; La Noche,1962 xaneiro 3; La Noche, 1962 xullo 12; La Región, 4 de xullo de 1965, p. 5).