RECANTO DE REFLEXIÓNS

30 noviembre 2020

TINA DESMET

Tina Desmet naceu en Ourense e era unha "canzonetista" de enorme sona entre 1910 e 1917. Actuou en varias cidades galegas e españolas e tiña grande pestixio e éxito e aos lugares nos que actuaba recibía moitísimos aplausos. Un dos lugares onde actuou con frecuencia foi no Cine Fraga de Santiago.

Pero o recoñecemento foi nacional pois de Galicia pasou a actuar nos mellores cines de España. Nos teatros e cines de Barcelona, Madrid, Mallorca, Menorca, Valencia, Tenerife e, sobre todo, Tortosa, .

"Va Tina en el mundo entero derrochando su talento
como reina del couplet
¡es un arte verdadero
el de Tina Demet!"

O público eloxiaba dela a gracia do cantar os coupléts e o seu un amplo repertorio.

A prensa da época das cidades que percorría adoitaban a eloxiala moito como as publicadas no Diario Tortosa o día 22 de novembro de 1913:

"La artista predilecta de nuestro público, tan pronto salió a escena, escuchó una ovación en prueba de lo mucho que se le quiere. Su trabajo fue el de siempre, admirable, encantador, artístico. "La Exclava" nuevo en esta ciudad gustó mucho tanto en lo sentimental de la música como por el exquisito estilo y dicción con que lo intepreta" .

Ademais de ser moi boa intérprete era moi seria no traballo pois seleccionaba o repertorio de forma moi escrupulosa logrando que o público se mantivera fiel. Así mesmo ampliaba o seu repertorio compoñendo ela mesma as cancións.

Os seus debuts nas diferentes cidades causaban moita espectación como exemplo o que figurou no periódico El Progreso o 11 de febreiro de 1915  sobre a actuación en Santa Cruz de Tenerife:


Vid: El Progreso , 8 de xuño de 1912; 28 de outubro de 1914.