É unha recoñecida actriz galega que traballa tanto en teatro, como en series de televisión ou cine.
Actuou coas compañías Teatro Caritel, Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur, Teatro, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Lagarta, lagarta.
Na TVG colaborou en programas como Magacine Crocante, Luar, Supermartes, Telequexou, e como actriz secundaria en Pratos Combinados. Foi protagonista en Rías Baixas e A Vida por diante. Pero continúa con proxectos televisivos ata o momento.
Na TVE colabora en El caso Waninkhof, Guante Blanco. Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario, Hospital Central...e filmes como a Bella Otero, Tres días de Abril, Salazón, etc.
Na TVE colabora en El caso Waninkhof, Guante Blanco. Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario, Hospital Central...e filmes como a Bella Otero, Tres días de Abril, Salazón, etc.
Leva no mundo da interpretación desde 1986 e ten sido recoñecida en numerosos premios entre os cales citamos:
- Premio á mellor actriz secundaria nos premios María Casares 1998, pola obra de Suso de Toro “Unha rosa é unha rosa”, dirixida por Eduardo Alonso en Teatro do Noroeste.
- Premio á mellor actriz secundaria nos premios María Casares 2000 por “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño.
- Premio á mellor actriz no I Festival de Curtas Galegas de Sada (2008) por “A Rosa dos ventos”.
- Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación feminina de reparto por “Os mortos van ás présas”.
Vid: Belén Constenla