O 16 de marzo de 1918 Dolores realizou o exame de ingreso no instituto e cursou seis anos de bacharelato por libre.
Unha vez finalizados os estudos solicitou o certificado e o título de Bacharelato e trasladouse a Madrid para matricularse na Facultade de Medicina e na Escola de Odontoloxía. Despois de rematar os estudos cunhas cualificacións sobresalientes permaneceu unha tempada máis en Madrid para realizar as prácticas e ampliar os seus coñecementos no Instituto Odonto-Estomatológico que dirixía o prestixioso Doutor Landette na sección de Puericultura dirixida polo Doutor Mañés.
Cando cumprimentou os estudos, Dolores levou á práctica o seu obxectivo de abrir unha Clínica Dental en Ourense. En efecto, solicitou permiso de apertura que lle foi concedida e en febreiro de 1929 inaugurou o establecemento. A clínica estaba situada na Praza do Obispo Cesáreo, número 8, era ampla, estaba pintada toda de branco, tiña moita luz o que lle daba un aspecto alegre, con vitrinas de cristal e aparatos niquelados. Estaba perfectamente anunciada pois contaba cun rótulo autorizado polo concello na fachada da casa onde estaba situada. Ademais diariamente saía na prensa local a publicidade da clínica:
Lamentablemente, uns meses máis tarde e inaugurar a súa clínica, concretamente o mes de maio de 1929, faleceu seu pai. Pero Dolores unha vez que comezou a traballar Dolores seguiu formándose e perficionándose no seu oficio e por tal motivo trasladábase con frecuencia a Madrid por asuntos profesionais. Tamén acudiu a Coruña para asistir ao XII Congreso Dental y Primero Hispano-Portugués que se celebrou do día 12 ao 19 de agosto de 1933.
Tamén era unha muller sensibilizada pola situación da infancia ourensá de aí que contribuíse achegando aguinaldos para os nenos pobres.
A clínica, tiña numerosa clientela converténdose nun centro de referencia na cidade e aínda seguía aberta en 1955.
(Elaboración propia a partir de fontes diversas)
Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930).Tese inédita; La Región, 16 de febreiro de 1929; La Región, 20 de febreiro de 1929, p. 8; La Región, 1 de xuño de 1929, p. 5; La Zarpa, 13 de agosto 1929; La Región, 7 de novembro de 1930, p.8; La Región 12 de agosto de 1933, p. 1.