(Elaboración propia a partir de diversas fontes.Vid: Diario de Pontevedra, 2 de setembro de 1920; Heraldo de Madrid, 17 de maio de 1922.; Vida Gallega, 1 de marzo de 1912)
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
15 junio 2019
ADELA LEZÓN
Adela Lezón, filla do avogado celanovés Manuel Lezón, foi unha artista ourensá que deu numerosos recitais e concertos polos anos vinte cantando cancións galegas. Asistiu ao homenaxe a Manuel Murguía celebrado no Balnerario de Mondariz o día 1 de setembro de 1920. Así mesmo, formaba parte do grupo das Damas de Ourense en contra da tuberculose que organizaban eventos co fin de recadar cartos para os afectados pola enfermidade.