Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
07 abril 2019
JOAQUINA ALONSO BOENTE
Joaquina Alonso Boente naceu en Petín o 22 de setembro de 1888. Ingresou aos 39 anos, no ano 1927, na Facultade de Mediciña para realizar os estudos de Matrona. Acadou o título en 1929 coas maiores cualificacións, motivo polo cal recibiu moitas felicitacións. Era a muller do farmacéutico de Salceda de Caselas, Don Enrique García Cesar, e sobriña do que fora gobernador en Pontevedra, Don José Boente.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1939), Tese de Doutoramento, Universidade de Vigo, 2006; El Pueblo Gallego, 11 de xullo de 1929.; El Eco del Condado, 10 de xaneiro de 1929.; El Eco del Condado, 10 de outubro de 1928.