RECANTO DE REFLEXIÓNS

09 marzo 2019

REGINA FALCÓN DOMÍNGUEZ

Regina naceu en A Touza, Ourense, no ano 1896. Cando tiña 11 anos matricúlase no Instituto de Ourense para realizar estudos de Maxisterio desde 1907 ata 1911. Exercería como mestra nas escola de Laias en O Carballiño e participaría de actividades educativas e saídas escolares co seu alumnado sendo estas reflectidas na prensa do momento. Visitaban o mosteiro de Oseira,  Maside, O Carballiño...e moitas máis o que é indicativo de que esta mestra era coñecedora dos beneficios da pedagoxía renovadora baseada na experiencia aproveitando ademais a contorna da escola. No ano 55 sería destinada para a escola da Ponte Maior en Ourense.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.; El Pueblo Gallego, 19 de mayo de 1932.