RECANTO DE REFLEXIÓNS

10 octubre 2016

SUSA ÁLVAREZ ARMESTO

Susa, nace na alta montaña ourensá, filla dun mecánico e unha campesiña. Aos seus 4 anos foi adoptada e lembra, emocionada e agradecida, o legado humano e cultural que recibiu dos seus catro avós adoptivos, o elegante e coherente exemplo que lle deron, a súa dozura, a súa tenrura.

Estudou Dirección e Realización de Cinema e Tv na Escola Superior de Comunicación CEV ( Madrid 1984), cidade na que posteriormente fundou e dirixiu, con 24 anos, unha axencia de prensa comprometida co xornalismo de investigación e a denuncia social.

Os seus traballos como guionista e directora de cinema e tv, e fotógrafa, abarcan o reporterismo de denuncia social, a crónica de actualidade, a fotografía publicitaria e artística, e diversos tipos de reportaxes. Estamos, pois, ante unha muller comprometida e reivindicativa que se suma ás causas de xustiza social e á igualdade. Inqueda feminista que posiciona á muller nun terreo de loita polos dereitos.

Fundou e dirixe actualmente un Studio de creacións multimedia no que desenvolve as súas múltiples facetas profesionais e artísticas como profesora de imaxe, investigadora, como directora e guionista de cinema, como fotógrafa, escritora, Curadora de contidos, ilustradora e artista dixital.
A obra máis importante na que traballa desde hai 8 anos é un documental en primeira persoa e de carácter pedagóxico onde cuestiona a adopción e achega a súa persoal visión sobre o dereito á identidade e á orixe.