O martes, 16 de febreiro de 2016, saíu na sección Historia en cuatro tiempos de La Región unha fotografía de hai cincuenta anos na que está Marisa Acevedo posando coas súas compañeiras do equipo feminino de Balonvolea das Josefinas. Aparecen xunto á súa entrenadora Rosa Blanca Gómez Llamas. Dito equipo acudiu ao campionato Nacional a Madrid e Valladolid en 1966.
Para min é entrañable a fotografía pois Marisa Acevedo é unha magnífica profesora no IES Universidade Laboral no que imparte con profesionalidade Educación Física, indicando que a súa traxectoria viña moi ben trazada desde a súa mocidade. O primeiro trofeo que recibiu Marisa foi o de cross cando ela tiña quince anos. Estudaba no colexio das Josefinas e era entrenada por Rosa Gómez Llamas. Marisa levantábase ás cinco da mañá para poder entrenar antes de comezar as clases ás oito da mañá. A partir de aquí non había competición deportiva onde non figurase Marisa Acevedo, practicou volveibol, baloncesto, atletismo e hockey. Ela e as súas compañeiras de volveibol chegaron a ser campionas provinciais e foron a Madrid a xogar a final a nivel nacional.
Tamén foi unha das xogadoras do mítico Medina de Baloncesto que levaba o nome de Ourense por toda España.
Tras a súa etapa como deportista pasou a realizar tarefas de monitora sendo a preparadora do equipo de ximansia do Colexio Santo Ángel que chegou a ser campión de España en ximansia deportiva, certame do que conserva a copa gañada.
Dedicouse logo á docencia e tiven a fortuna de traballar no mesmo Instituto que ela, no IEs A Laboral. Podo dicir que foi unha das miñas mellores compañeiras pois sempre foi moi nobre e fiel aos seus principios. É un exemplo de profesionalidade e de persoa.
Para min é Marisa, a miña compañeira e grande amiga.