Digna de mención neste blog é Yolanda López López que presenta un suntuoso currículo. Yolanda, muller polifacética, naceu en Ourense en 1976.
É funcionaria de carreira na
Administración de Xustiza (Fiscalía de Madrid). Licenciada en Filoloxía
inglesa, técnica en turismo, tradutora literaria (Shakespeare, Plath, Brönte,
Whitman, etc) e pintora pola Deputación de Ourense e polo Centro Dotacional de
Arganzuela de Madrid, adicouse ao ensino medio e universitario.
Realizou o DEA, o doutoramento e
a tesiña de licenciatura sobre a identidade individual e colectiva na obra da
escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidades da USC, A Coruña, Castilla-La Mancha, Birmingham
–UK-, Virginia e Mississippi–USA- e no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con
diferentes ponencias e artigos de ensaio.
É autora dos poemarios
individuais premiados Verdugos impolutos
(Concello de Rábade, 2005), Obertura sen
heroe (Follas Novas, 2006), Grietas
(Visión Libros, Madrid, 2012), Temblor
fiero (Lastura, Madrid, 2013), Moralla (Follas Novas, 2013) e Tántalo (Xunta de Galicia e Concello de
Negreira, 2014). Nos vindeiros anos saíran do prelo poemarios seus na
prestixiosa editorial madrileña Huerga & Fierro.
Galardoada con premios literarios
en Galicia e o resto da península, Suso Vaamonde, Rosalía de Castro de Cornellá
en dúas ocasións, Aurelio Aguirre, Antón Tovar, Xosé Neira Vilas, Fundacion
CEPAIM para a solidaridade, mención de honra do Manuel Oreste Rodríguez, I
Premio Manuel María da Casa de Galicia de Guipúzcoa, accesit do Picapedreros da
revista La Oca Loca, ou o Manuel López Ardeiro, textos da súa autoría aparecen
nos libros colectivos Ás aforas do soño
(Casa da Gramática, 2005), Homenaxe dos
poetas galegos a F. G. Lorca (Xerais, 2006), Catálogo Rede Natura de ADEGA (Xunta,2007), Implícate na palabra: Poetas galegas e tamiles (Implicadas/os no
desenvolvemento, Galaxia, 2007), Uxío
Novoneyra: A emoción da terra (AELG, 2007), Letras novas (AELG, 2008), Filografía (Lastura, 2013), Angrois
(Xacobeo, 2014), Poekas: De Vallecas al
verso (Lastura, 2014) e O soño galego
de Julio Cortázar e (Linteo, 2014).
Publicou poemas, relatos e
artigos de opinión en xornais e revistas literarias (Boletín literario da USC,
La voz de Galicia, La Región, Galicia Hoxe, Xistral, Dorna, A xanela, Saudade,
Lúa nova, Madrygal).
Colaborou no equipo de traballo
do manual Niveis de Competencia en Lingua Galega (Xunta, 2006).
Forma parte do programa de
recitais Poesía Nova da Comunidade de Madrid. Participou en recitais benéficos
e en homenaxes a intelectuais. Impartiu obradoiros literarios e foi membro
xurado de certames para mozos. Participou en espectáculos de poesía, pintura,
fotografía, música e danza oriental.
Forma parte dos grupos literarios
Bilbao e Poekas de Vallecas de Madrid.