Naceu en 1918 e finou en Redondela en 1988. Estudou na Escola Normal de Pontevedra. En 1947 consta que estaba exercendo como mestra na escola de Valbuena de Pisuerga en Palencia e ese ano déronlle destino na escola de Balde en Carballeda de Avia, Ourense.
Despois de pasar por outras escolas chegou de novo a Redondela en 1971.
Vid: Méndez Lois, Mº J. (coord.) Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, Santiago, 2009, p. 79.