Naceu o día 8 de decembro do 1956 en Ourense. Xa de moi
cativa recibiu clases de pintura da man do pintor de orixe vasca, Luciano
Cárcamo Uranga. Con tan só oito anos a súa familia trasladouse a Madrid, onde
estudou bacharelato e fixo COU. Contra a opinión da súa nai que elixira pra ela
a carreira de Belas Artes, matriculouse en Dereito que rematará no ano de 1978.
Colexiada coma avogada en Madrid, case non chegou a exercer, pois non se sentía
identificada coa profesión. Despois dun tempo con problemas de saúde retoma a
súa formación artística na Academia Peña de Madrid, formación que se continúa
na Academia Jerez con clases de técnica do repuxado de estaño e prata, e
máis de pintura sobre táboa na
especialidade da iconografía bizantina, que posteriormente perfeccionou baixo a
dirección do profesor Antonio Cortés, convertendo os iconos e maila pintura
relixiosa nun dos referentes da súa obra. Pertenceu ó Gremio de Artesáns de
Madrid durante doce anos e simultaneou o seu traballo coma docente coa súa
preparación coma ceramista na Escola Madrileña de Cerámica da Moncloa a
partires de 1986, ano en que faleceu seu pai e ten lugar a súa primeira
exposición individual no Liceo de Ourense. Adéstrase coma acuarelista no
obradoiro do matrimonio, Manuel Lamadrid y Carmen Vera Callejo, e coma
restauradora e especialista en dourados co profesor Julián F. Picazo. O amor
pola súa terra que inculcou nela o seu pai, tódolos veráns na Santa Comba de
Bande dos seus ancestros, fixo que no 2003 fundase nos baixos da antiga casa
familiar o “Museo dos Iconos” con máis de cen obras da súa autoría. Pouco tempo
antes de voltar a Ourense definitivamente recibe novas clases de cerámica do
profesor Julio Carrascal e xa no 2008 realizou un Curso de Postgrado sobre “Conservación y Restauración de Imaginería
Policroma y Dorada. S. XII – XVIII”, impartido no Centro Técnico San Martín
de Ourense, en colaboración coa Fundación Santa María Nai coa calificación de
sobresaínte. Aveciñada en Santa Comba de Bande dende o 2006 resume a súa vida
expresando o seu agradecemento por ”el
don maravilloso de poder expresar la belleza través de mis manos, ya sea
dibujando, pintando, dorando o repujando”.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
- Dende 1982 a 1988,
profesora de repuxados de estaño e prata e máis pintura de iconos na Academia Estudio-Artesanía de Madrid.
- De 1991 a 2002,
profesora de repuxado e pintura na empresa Art-Stij e nos centros
culturais de “La Remonta” (distrito de Tetuán) e “Clara del Rey” (distrito
Centro), no Concello de Madrid.
- Doación do retábulo
lateral da iglesia parroquial de Santa Comba de Bande, ano 2002, e
restauración das tres imaxes que contén.
- Pintura relixiosa e
iconos: Icono da Virxe da Tenrura prá parroquia de San Bruno de Madrid no
ano 2005; pintura no sagrario do Altar Maior da igrexa parroquial de Santa
Comba de Bande no 2003.
- Restauración do retábulo
da capela de Sarreaus de Bande, ano 2007.
- Tamén no 2007
restauración do retábulo da capela de Martiñán, Bande, e cinco imaxes da
dita capela.
- No 2009 restauración
do retábulo da capela de Loeda, Bande. Tamén restaurouse a imaxe de Deus
Padre que preside o dito retábulo.
EXPOSICIÓNS
1984. Exposición colectiva co
Obradoiro de Alumnos de Antonio Cortés, profesor de iconos. Librería Alemana.
Madrid.
1986. Decembro. Exposición no
Claustro do Liceo-Recreo Ourensano. Ourense.
1987. Avril. Exposición no
Centro Galego de Madrid.
1987. Decembro. Exposición
colectiva co Gremio de Artesáns de
Madrid na Feira de Artesanía de
Zaragoza.
1988. Outubro. Exposición
colectiva co Gremio de Artesáns de Madrid no Aeroporto de Barajas.
1991. Xuño. Exposición no Centro
Cultural “Julio Cortazar” da Junta Municipal de Moncloa. Ayuntamiento de
Madrid.
1991. Outubro. Exposición na Sala
da Caixa de Aforros de Avila. Arenas de San Pedro.
1992. Xuño. Exposición na Sala
da Caixa de Aforros de Cuenca/Ciudad Real. Cuenca.
1994. Decembro. Exposiición
Sala de Mostras do Colexio Marista de Chamberí en Madrid.
1999. Decembro. Exposición no
Claustro del Liceo-Recreo Ourensano. Ourense.
2003. Xullo. Inauguración do
Museo-Exposición permanente, coñecido coma “Museo dos Iconos”, xunto á igrexa
visigótica de Santa Comba de Bande.
2004. Agosto. Exposición de
acuarelas. Sala de Exposicións do Antigo Cárcere do Concello de Celanova.
2004. Outubro. Alcalá de Henares. Exposición colectiva
incluída no Congreso Internacional de Arte Sacro (Fundación Félix Granda).
2004. Decembro. Exposición de
acuarelas no Café Bar “La Fábrica” de
Allariz.
2009. Exposicións de acuarelas: Marzo, na torre de Vilanova dos
Infantes, (Celanova). Avril, aldea do Couso, (Sarreaus). En Maio/Xuño, sala da
Casa de Cultura de Xinzo.
2010. Maio.
Exposición de Iconos e máis Acuarelas na Sala de Exposicións do Pazo de Mos,
(Pontevedra).
2010. Xuño.
Exposición de Iconos en Viveiro, Lugo. Centro Comarcal da Mariña Occidental.
2014. Febreiro. Exposición de pintura relixiosa, iconos e
traballos de repuxado de estaño e prata sobre madeira no Espazo Cultural
elcercano.com de Ourense.
Foto de: Dende a Limia.com