Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
03 noviembre 2013
SULA REPANI
Sula Repani naceu en Atenas, en 1959, de pais procedentes da illa de Lesvos pero leva moitos anos en Ourense, por tal motivo, podemos considerala dentro do elenco das nosas mulleres ourensás. Estudou na Escola Superior de Belas Artes de Atenas, realizando nos dous últimos anos na mesma Escola un ciclo de pintura bizantina e ao fresco. En 1986 veu a España como bolseira do Estado grego para facer estudos de posgrao. Desde esa data vive en Galicia, afincándose en Ourense. A súa obra atópase en coleccións privadas de Grecia, España, Bélxica, Gran Bretaña e outros países europeos, Nova Zelanda e Estados Unidos. A súa obra tamén se atopa en espazos e edificios públicos de Galicia e Madrid. Vid: La pasión griega