Vid: José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte, editorial Galaxia e editado en 2015.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
20 diciembre 2012
AMALIA LÓPEZ OJEA
Naceu en Soucelín na comarca de Valdeorras en 1874 e era de familia moi humilde tendo que comezar a traballar desde moi nena. Casou e tivo seis fillos. En plena guerra comezou a colaborar coa resistencia antifranquista ao carón do seu home pero foi detida aínda que recuperou a liberdade en abril de 1939. En outubro do ano 1939 o matrimonio foi fusilado na carballeira detrás da súa casa. Malia o terror eles non quixeron denunciar aos seus fillos que estaban fuxidos no monte. As fillas menores, Antonia e Consuelo tamén resistentes lograron sobrevivir e bótaronse ao monte tamén a axudar aos combatentes. A vida destas mulleres foi moi intensa pois estiveron en primeira liña e incluso ían armadas. Estiveron encarceradas varias veces e finalmente lograron fuxir a Francia.