Naceu en marzo de 1894 en Ribadavia. En 1912, aos 18 anos, ingresou no Instituto Provincial de Ourense onde estudará por libre durante tres cursos, ata o ano 1914. Posteriormente solicita traslado á Escola Normal de Pontevedra.
Estamos de novo ante unha muller que nos comezos de século quere continuar a súa formación académica e, polo tanto, debemos recoñecer a súa decisión e valentía xa que, como é sabido, a sociedade e a mentalidade non contribuía a que as mulleres quixeran exercer unha profesión.
En efecto, Raquel exerceu de mestra pero faleceu prontamente en outubro de 1953.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de Doutoramento, versión CD, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.