Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
10 mayo 2012
RAMONA PÉREZ ACEVEDO
Polo 1850 dona Ramona Pérez era a directora dunha Academia de ensinanza privada que estaba situada na Praza Maior de Ourense (Praza de la Constitución) número 6. Estamos a falar dunha muller emprendedora nuns tempos nos que a consideración da muller baseábanse no orden social "patriarcal" establecido. Non obstante, na academia formábase a mozas no debuxo, economía doméstica e francés. Como pode observarse eran materias máis ben de adorno e coa finalidade de educar futuras donas.