O dous de outubro de 1946 tomou posesión do cargo de directora da Escola Fogar do Instituto de Ensino Medio, cargo que desempeñaba aínda en 1952. Formou parte de numerosos tribunais de oposición de maxisterio. Tamén era integrante da Sección Feminina de Ourense.
Faleceu o 8 de decembro de 2012 cando tiña 101 anos.
Vid: Cid Galante, R., Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita.
Cid Galante, R. e Benso Calvo, C., “Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)” Historia de la Educación, 26, 2007, pp. 437-470.
Bande, E, Institucións docentes e grandes mestres en Ourense (1846-2005), Galaxia, Vigo, 2010, p. 229.