RECANTO DE REFLEXIÓNS

04 marzo 2011

ANTONIA (Antonina) FERNÁNDEZ GARCÍA- ARMESTO

Naceu en A Mezquita o 30 de marzo de 1906, tal como consta nos expedientes académicos tanto do Instituto como da Facultade de Farmacia. Seu pai era Fermín Fernández Gómez, farmacéutico, e a súa nai era Ricarda García Armesto falecida en febreiro de 1957 que casaron en Viana do Bolo en abril de 1902 e tiveron tres fillos.

Seus irmáns eran Fermín, médico e lexicólogo e Felipe Fernández García- Armesto, periodista co alcume Augusto Assía. Polo que se pode ver, era unha familia que potenciou aos fillos para o estudo universitario.

Antonia realizou o exame de ingreso no Instituto ourensán o 29 de setembro de 1921, cando tiña 15 anos. Desde entón matriculouse en dous cursos por oficial aprobando todas as materias. O 30 de abril de 1924 solicitou un certificado para trasladarse ao Instituto de Pontevedra aínda que, finalmente, inscribiuse no instituto de Santiago. Alí obtivo o título de bacharelato. En 1926 rexistrouse na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, realizou os seis cursos por oficial e licenciouse no ano 1932. 

En Madrid coñecerá ao que será o seu home, José Barón Fernández que era militante comunista. Este naceu en Barcelona en 1904. O seu pai emigrara a Arxentina en 1919 como outros tantos galegos e alí  morrería poucos anos despois. José estudou no colexio "Grupo Escolar Cervantes" e rematou os estudos de  bacharel en 1920. Despois preséntase ás oposición a Correos e apróbaas. Aos 25 anos matriculouse na Escola de Puericultura de Madrid. Ao rematar sacou as oposición de Puericultor do Estado e traballou no Hospital Neno Xesús de Madrid.

Sacou a oposición como oficial ao corpo Técnico de correos. Aos 21 anos empezou a estudar medicamento e aos 26 ingresa na escola de Puericultura de Madrid. Aprobou as oposicións a Puericultor do Estado e traballou no Hospital "Neno Jesús" de Madrid. Pero, dado que José estaba afiliado ao comunismo, participara como voluntario no exército do Ebro e incluso estivo en 1938 no campo de concentración de Lle Boulou o matrimonio emprendeu o exilio a México o 27 de xullo de 1939 chegando nun buque a Veracruz. Pero regresarían en 1953 para instalarse en A Coruña onde Antonina rexentaría unha farmacia. Logo marcharían en 1963 a Valencia[1].


[1] Persona - Barón Fernández, José (1904-?). (2024). PARES. http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/123278

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás nos estudos universitarios; La Correspondencia Gallega, 11 de abril de 1902, p. 2;  El Ideal gallego, 31 de maio de 1927, p. 3; El pueblo gallego, 1 de xuño de 1927, p. 13; El Pueblo Gallego, 28 de xaneiro de 1932, p. 9; La Noche, 4 de  febreiro de 1957, p. 2; FOTOGRAFÍA: Movimientos Migratorios Iberoamericanos. (2024). Pares.mcu.es. https://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/viewer2Controller.form?nid=24648&accion=4&pila=true

‌