RECANTO DE REFLEXIÓNS

26 febrero 2011

LUÍSA TABOADA ALEMPARTE

Naceu en Pazos, Boborás o 21 de decembro de 1912, e estudou no Instituto Provincial onde ingresou cando tiña 14 anos, despois de facer a proba de ingreso o 5 de xuño de 1926. Alí acadou o título de bachiller estudando os dous primeiros anos por libre e os outros por oficial. Destacou con sobresaliente na maeria de Nocións de Física e Química. O 30 de setembro de 1929 acada o Título de Bacharelato Elemental e en 1932 expide o Título de Bacharelato.

Logo, en 1931 matricúlase en Farmacia titulándose en 1940. Colexiouse co número 76.

Dona Luísa rexentaría unha farmacia na rúa Ramón Nieto, nº 148 en Pardavila, Vigo.

Vid: Cid Galante, Rosa María, As primeiras mulleres ourensás que accederon aos estudos universitarios...Op.cit e Tese de Doutoramento.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p., 251. (Foto extraída de Fleire Quintas).