RECANTO DE REFLEXIÓNS

07 febrero 2011

LUÍSA GONZÁLEZ CUDEIRO

Naceu en Ourense en 1920. A súa familia sufriu unha terrible represión por acoller a fuxidos, padecendo a morte do pai e malostratos así como encarceramentos dende 1936. Os seus irmáns foron procesados e absoltos en 1937. 

A familia de Luísa González Cudeiro vivían na rúa Victoria número 30 e os seus membros eran recoñecidos polas súas ideas de esquerda e porque axudaban aos fuxidos acolléndoos na súa casa, entre eles Enrique de Nanín. Fina e Luísa eran alumnas da Escola Laica Neutral cuxos directores Hipólito Luengo e Teresa Roqueta tamén foron represaliados.

O día o alzamento militar arrombaron na súa casa e mallaron no pai de Luísa e Fina.  Logo tanto Luísa como Fina vixiaban desde o faiado para ver se voltaban os militares. Finalmente, as dúas irmás e a súa nai estiveron presas no cárcere de Bande durante o ano 1937 e parte do 1938.

(Fonte: la Región, 28 de marzo de 1937, p. 3)

Vid: http://www.vitimas.nomesevoces,.net/ . Para coñecer as testemuñas de Luísa e Fina é moi interesante o libro de Beatriz Graña Pérez, Voces da memoria. Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Concello de Santiago, Univesidade de Santiago de Compostela, 2003.