RECANTO DE REFLEXIÓNS

14 febrero 2011

JULIA BOUZA IGLESIAS

Julia naceu en Ourense o 11 de decembro de 1917. No ano 1939 fai o ingreso na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e estudará catro cursos licenciándose en 1942. 

Como unha gran parte das alumnas universitarios, Julia realiza os estudios pola opción combinada, isto é, uns cursos matricúlase por libre, non asistindo ás clases de maneira presencial, e outros cursos realízaos por oficial. Pensemos que a mentalidade da época aínda non asimilaba que se compartiran espazos de forma mixta. Colexiouse co número 124.

Dona Julia Bouza rexentaría unha farmacia na rúa Avenida de Buenos Aires, nº 144.

Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Op.cit.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 192. (Foto extraída de Fleire Quintas).