RECANTO DE REFLEXIÓNS

30 enero 2011

MARÍA DEL ROCÍO BLANCA AREÁN ÁLVAREZ

Rocío Areán naceu o 16 de agosto de 1908 e Ourense, na rúa Trives número 11. Era filla de Sebastián Areán García natural de Ourense e de profesión procurador e de Isabel Álvarez. O matrimonio tivo catro fillos que eran Rocío, Isabel, Mercedes e Amadeo. 

Rocío realizou o exame de ingreso no Instituto ourensán o 20 de setembro de 1920.Estivo matriculada no centro por libre desde 1920 ata 1925 e expedíndoselle o título de bacharelato. 

Solicitou a certificación para matricualrse na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela e faino en 1926. Finalizou a carreira en 1931 cunhas cualificacións sobresalientes con catro matrículas de honra. 

De alí a pouco, no ano 1935 entrou a formar parte do claustro do centro de estudos Concepción Arenal, xa integrado ao Instituto Nacional de 2º ensinanza, impartindo Lingua e Literatura castelá nos estudos secundarios. Aquí tería de compañeiras a Celia Casar Olavarrieta e a Ángeles Leirós Fernández. Do centro Concepción Arenal fusionado co internado Rivero xurdiu o Colexio Cardeal Cisneros na rúa Barreira. Rocío exerceu no mesmo impartindo Lengua e Literatura. 

Viviu entregada á docencia pero faleceu en setembro de 1961 cando tiña tan só 58 anos.

(Fonte: Esquela. (1963, 10 de setembro). La Región, p. 12)

Vid: CID GALANTE, R., “As primeiras ourensás…”, Op.cit.; Bande Rodríguez, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1846-2005, Galaxia, Vigo, p. 347; De exámenes (1931, 7 xuño). La Región, p. 1; Centro de Estudios Concepción Arenal. (1935, 18 agosto). La Región, p. 6;  Colegio Cardenal Cisneros. (1959, 25  agosto). La Región, p. 3; Defunciones (1961, 13 setembro). El pueblo gallego, p. 13; Esquela. (1963, 10 de setembro). La Región, p. 12. Foto: guillealvafer. (2019, October 6). El Colegio Cardenal Cisneros de Ourense entre 1954 y 1959 - Páginas de Flipbook 1-50 | FlipHTML5 | guillealvafer. Fliphtml5.com; guillealvafer. https://fliphtml5.com/rhwy/sbyu/basic (consultado o 11 de xuño de 2023).

. Consulta de Expediente no A.H.U.S.