RECANTO DE REFLEXIÓNS

17 octubre 2010

MARÍA DE LA PAZ DELGADO MEIRIÑO

Naceu en Pazos o 9 de outubro de 1911. Seu pai era Luís Delgado, propietario, e a súa nai Luísa Meiriño.

En 1922, aos once anos, realiza o ingreso no Instituto Provincial de Ourense e estuda por libre acadando o título de Bacharelato en 1926 e facendo a expedición do mesmo en abril de 1927. 

Solicitou o certificado de traslado á Universidade de  Santiago para matricularse na Facultade de Farmacia na que se rexistra en 1926. Realizou algúns cursos por libre e outros por oficial e licenciouse no ano 1931. 

Tras os estudos continúa coa súa incorporación no mundo laboral. Colexiouse co número 36 e comezou a traballar en Albarellos, Monterrei. Logo, en 1955, estivo en Oimbra onde foi Inspectora Farmacéutica Municipal.
Casou con Manuel Lamas Quesada que era Comisario de Policía e residían en Maside.
 
Abriu unha farmacia na estrada da Lonia para a que se lle autorizou a instalación dun rótulo en abril de 1957. Alí estivo traballando ata xubilar. Faleceu en Verín no ano 2001.

Vid: Cid Galante, Rosa María. Tese de Doutoramento; Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense. Tese de doutoramento presentada  na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p., 207. (Foto extraída de Fleire Quintas); 
FAMILIA MEIRIÑO DE PAZOS. (2023, June 15). Blogspot.com. http://lacasadelperu.blogspot.com/2015/07/familia-meirino-de-pazos.html