RECANTO DE REFLEXIÓNS

23 octubre 2010

ABADESA GUNTRODA

Guntroda era a abadesa do mosteiro dúplice de San Martiño de Pazó (Allariz) no século X. Esta muller foi protagonista de certas fazañas. 

Guntroda era filla de Ildoncia, irmá de Gutier Menéndez, polo tanto era de orixe aristocrático. Esta muller tiña intención de apoderarse tanto de Santa María de Ribeira como de Santa Comba de Bande. No que se refire a Santa Comba de Bande, Guntroda posuía unha escritura de propiedade que esta defendía con gran celo. Pero a posesión de Santa Comba estaba en mans de Vermudo que lla deixa en herdanza ao seu fillo Odoíno. Pero este, temendo os conflitos que podía xerar o feito de non pousír el a escritura, recorre a Ramiro II coa intención de recuperala. Ramiro recorre á súa vez ao bispo San Rosendo que conseguirá que Guntroda lle entregue a escritura. Pero Guntroda presenta unha demanda de devolución nun magno concilio celebrado en León. Aquí, o bispo compostelán Hermexildo declara que o verdadeiro dono de Santa Comba de Bande é Odoíno. Guntroda ve unha nova oportunidade de posuír Santa Comba cando Odoíno é acusado de manter relacións cunha monxa. Pídella ao conde Rodrigo e faise cos dereitos sobre ela. Pero cando Odoíno doa Santa Comba ao mosteiro de Celanova, Guntroda xa non terá máis pretensións pois non quería enfrontarse aos monxes do mosteiro. 

Vid: Pallares Méndez, MªC e Portela Silva, E., Gran Historia de Galicia. Da Galicia antiga á Galicia medieval (séculos VIII-XI), pp. 206-208.