Cando tiña 10 anos fixo o exame de ingreso no Instituto de Ourense, concretamente someteuse a esta proba o 20 de setembro de 1917. No curso 1917 e 1918 matriculouse neste instituto nas materias de Lingua, Xeografía, Nocións de Aritmética e Caligrafía, pero ao ano seguinte trasladouse ao Instituto de A Coruña, xa que a familia foi residir a esta cidade por motivos comerciais. Trinidad remataría alí os estudos e titularía en Bacharelato no ano 1923 cando tiña 15 anos. En setembro dese ano envía unha instancia ao Decano da Facultade de Ciencias na que solicita ser matriculada nas materias de Química Xeral, Física Xeral, Bioloxía e Xeoloxía para poder seguir cursando Medicina.
Cursa os estudos de Famarcia e licénciase en 1928. Casou en decembro de 1931 con Casiano Rodríguez Quevedo comerciante de San Clodio, Lugo, e tiveron catro fillas. A familia residía en San Clodio. Trinidad exercerá a súa profesión como farmacéutica en Poboa de Trives
Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Revista Minius, nº 11 e 12; El Progreso, 25 de outubro de 1964; El Compostelano, 30 de maio de 1928; Galicia, 17 de decembro de 1931, p. 6; La Zarpa, 18 de marzo de 1922, p. 3.