RECANTO DE REFLEXIÓNS

16 septiembre 2010

JOSEFA TABOADA ALLÚ

Naceu en Ourense o 20 de outubro de 1908 e era filla Jesús Taboada Diéguez que era médico e inspector municipal de sanidade e que faleceu en 1949. A súa nai era Emilia Allú que tiña vintecinco anos cando naceu a nena e era natural de Santiago. 

Josefa, realizou os estudos de bacharelato no instituto de Ourense onde se inscrbiu en 1924 ata 1927, ano no que obtén o título. Ese ano aparece inscrita na Facultade de Farmacia onde se licencia en 1931. Colexiouse co número 47. Casou en febreiro de 1936 co médico José Rodríguez Portugal e tiveron tres fillos. 

Josefa rexentará unha farmacia na rúa que foi denominada General Franco, nº 127. En efecto, a farmacia estaría no edicio modernista de Ourense coñecido como a Casa Taboada.

Faleceu  o 18 de xaneiro de 1981 e está enterrada no Cemiterio de San Francisco.


Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Revista Minius, nº 11 e 12.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 251. (Foto extraída de Fleire Quintas).; 
“Tres hermanos matrícula de honor”, El Progreso, 6 de xullo de 1952, p. 2; “Petición de mano”, El Pueblo Gallego, 26 de febreiro de 1936, p. 12;Casa Taboada. (2024). Blogspot.com. https://ourensenotempo.blogspot.com/2009/11/casa-taboada.html