RECANTO DE REFLEXIÓNS

06 marzo 2010

CONCEPCIÓN VÁZQUEZ FEIJOO

Esta muller foi unha das pioneiras en realizar estudos de Bacharelato no Instituto Provincial de Ourense. Naceu en Celanova no ano 1907 e ingresou no Instituto no ano 1920. Acadou o Título de Bacharelato cunhas cualificacións espectaculares conseguindo dezaseis premios. Fíxose mestra e en 1928 ano foi destinada á escolas de Lobeira. Nos sucesivos anos foi mestra en Vilamartín de Valdeorras, en Parderrubias ... No ano 1933 concedéronlle a praza na Escola de nenas nº 1 de Ourense. Un dos seus últimos destinos foi a escola de párvulos de Celanova.
  
(Información obtida da Tese de doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante, autora deste blog.)