Rafaela naceu o 14 de outubro de 1841 e o 23 de novembro de 1906, cando tiña 61 anos, solicitou permiso para abrir unha escola de párvulos na rúa Mosquera, nº 25 de O Carballiño.
No momento de solicitar a apertura do colexio alegou unha experiencia de corenta anos no ensino.
O local, duns 42 metros cadrados estaba organizado e amoblado por zonas de actividade: bancos de lectura, mesas-bancos para a escritura, cadeiras para os labores e o ensino e unha plataforma para a mestra. Tiña dúas salas en dous pisos con habitacións e galería con retrete. No primeiro piso de 8,5 metros de ancho con vidrieiras de alto cada unha delas de 2,5 metros e de ancho 1,12 metros. O segundo piso tiña un anchura de oito metros e de alto tres metros.
En canto o material tiña: mesa para escribir; seis tinteiros e seis plumas; seis bados; oito bancos para lectura e labores; un mapa de España; silabarios; Fleures; Amigo de los Niños; Historia Sagrada; mostras, fío e agullas e demais enseres.
(AIOP, Expedientes de creación de escolas)
O obxecto de ensino era para os nenos Catecismo a viva voz e Rudimentos de Escritura e Lectura e para as nenas Catecismo, Lectura e Escritura e Punto (crochés, calceta...).
Para seren admitidos tiñan que achegar un Certificado de hixiene asinado polo médico e un Certificado de boa conduta redactado polo Presidente do Concello.
As materias que se traballarían eran: Historia Sagrada de Henri; Doutrina Cristiá de Artete; Relixión e Moral por Santos; Gramática por Dalmán; Xeografía por Calleja; Urbanidade por Calleja; Hixiene e Economía; Debuxos e labores por J. Brugarolas e Escritura por Calleja.
(Elaboración propia a partir de investigación)
Vid: BENSO CALVO, C., CID GALANTE, R.M., "A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX, Sarmiento, nº 8, p. 77.