RECANTO DE REFLEXIÓNS

08 abril 2009

CRISTINA PATO

Naceu en Ourense en 1980. Ós dezaoito anos conseguiu formarse unha identidade propia: espontaneidade, paixón, vitalidade....Percorreu os escenarios de medio mundo coa súa anterior banda, Mutenrohi, coa que gravou dous álbums, antes de gravar o seu primeiro disco en solitario: Tolemia. Convértese na primeira gaiteira que publica un disco en España. Tamén é unha magnífica pianista.
No 2008 remata o seu Doutoramento en Artes Musicais na Rutgers University con dous premios extraordinarios e foi bolseira pola Fundacion Barrie da Maza. Cristina actuou para auditorios como o Metropolitan Museum de Nova York, as Nacións Unidas ou o Parlamento de Galicia e ademais colaborou estreitamente con "Yo Yo Ma and Friends, Songs of Joy and Peace” na promoción do seu último disco, incluíndo actuacións en directo na televisión norteamericana en programas como o Colbert Report (Comedy Central) ou o Early Show (CBS).