RECANTO DE REFLEXIÓNS

08 abril 2009

CARMEN RODRÍGUEZ DE LEGÍSIMA

Carmen Rodríguez de Legísima naceu en Lousado (Ourense) en 1896. Pertenceu a unha familia acomodada de terratenientes e xuristas. Un dos seus irmáns chegou a altas xerarquías na vida relixiosa e foi conservador dos chamados Santos Lugares de Xerusalén. 

Estudou a carreira de maxisterio, que nunca exerceu. A súa vocación pola pintura absorbeu a súa vida, con semellante peculiaridade que apenas foi coñecida porque viviu na máis absoluta intimidade. A súa aprendizaxe no debuxo e logo na pintura produciuse dun xeito espontáneo, pois foi unha autodidacta, vocacional e pintaba por "necesidade". 

O seus temas foron moi diversos: temas relixiosos, retratos, paisaxes, bodegóns, naturezas mortas...

En 1943 realizou a súa primeira exposición na Sala Macarrón de Madrid animada polo pintor Salaverría, autor dun cadro famoso no seu tempo, "A procesión do Corpus en Lezo". Ese mesmo ano concurrre a Exposición Nacional de Belas Artes, e co seu cadro "A miña Irmá", hoxe na Colección Caixanova, obtén a primeira das medallas de prata. A súa presencia foi insólita e comezaron a calificala de "pintora xenial".

Moi ocasionalmente, os seus cadros figuran en colectivas dentro e fóra de España, ata que expón de novo en Madrid en 1965, cando xa circula, entre os interesados pola pintura, o desexo de saber quen é esa muller, descoñecida nos círculos habituais da arte, que foi eloxiada nada menos que polo sempre sobrio, Enrique Lafuente Ferrari, quen dixo que era "La Solana Feminina". 

No Salón de Outono de 1968 obtén a primeira medalla. Ao fin dáse a coñecer en Vigo, onde fai a súa primeira exposición en 1979. Carmen Legísima, por completo afastada de calquera vida social, vive o drama íntimo de aprender a pintar coa man esquerda, xa que unha gravísima enfermidade paralizou a metade esquerda do seu corpo. Por iso é polo que os últimos cadros da artista mostren peculiaridades que non tiña a súa anterior produción.

Falece en 1980. A súa familia e uns poucos admiradores da súa obra, entre eles o pintor e paisano de Carmen, Antonio Quesada, asistiron ao enterro. A obra de Carmen de Legísima está no Museo Español de Arte Contemporáneo, no Museo de Castrelos, en Vigo, e en coleccións institucionais e particulares, aínda que outros museos búscana, convencidos de que se trata dunha firma crave da arte galego deste século.

Vid: http://galiciaarte.blogspot.com/2008/02/carmen-rodrguez-de-legsima.html; "Carmen R. de Legísima", La Región, 16 de decembro de 1962, p. 175.