RECANTO DE REFLEXIÓNS

As mestras ourensás. Fundamentais nos cambios educativos da República e na transformación social.

Charla impartida o día 9 de marzo de 2024 para conmemorar o Día da Muller.


Primeiro de nada quero agradecer a súa invitación a esta conmemoración do día muller. É importante e bonito lembrar esta data para seguir avanzando na investigación sobre a importancia das mulleres na historia e, por suposto, para recoñecer definitivamente que as mulleres contribuímos moito á evolución da Humanidade.

Dito isto tamén quería indicarlles que os invito a intervir e falar cando consideren oportuno para completar a información ou para facer análise e reflexión sobre a temática que imos abordar. Deste xeito facemos máis dinámica a exposición.

O tema escollido nesta ocasión para conmemorar o día 8 de marzo é moi pertinente pois trátase de facer unha mención especial e unha homenaxe ás mestras da República. E como poden comprobar titulei a exposición do seguinte xeito: “As mestras. Fundamentais nos cambios educativos da República e na transformación social”, pois considéroas protagonistas nos propósitos do novo réxime.

E, despois desta disertación poderase ver a proxección do vídeo "Las Maestras de la República" pero tamén quixera recomendar un libro titulado Las maestras de la República no que escriben importantes e interesantes investigadoras na historia das mulleres, entre elas podemos citar a Elena Sánchez de Madariaga, Consuelo Flecha, María do Carmo Agulló Díaz, Carmen García Colmenares….Podemos resumir dicindo que nel abórdase, desde diferentes perspectivas, o rol das mestras da República destacando, por unha banda, o seu labor e a súa entrega no desempeño da súa profesión e, por outra, destacan o seu protagonismo á hora de poñer en práctica os principios educativos, que xa o primeiro goberno, o progresista-reformista, da República se propuxo como reto, e que eran: unha educación igualitaria, unha educación coeducativa e unha educación laica. Mulleres-mestras que pouco a pouco dan o salto a outras esferas incorporándose a espazos máis públicos como asociacións, partidos, institucións….para achegar a súa voz tan igual e veraz como a dos homes.

Como saben, o meu foco de atención son as mulleres ourensás. Eu sempre achego as temáticas á realidade da nosa contorna. Por tal motivo, pregúntome: Como traer este tema das mestras republicanas ao noso Ourense? Que acontece una na cidade e provincia? Que compromiso adquiriron as nosas mestras durante o período da República? Houbo mestras que se implicaron con este novo e practicamente inédito réxime?

Quixera partir dicindo que, tras o intento Republicano de finais do século XIX , o que coñecemos como I República que resultou falido polas disensións internas, a Segunda República tivo maior marxe de asentamento e supuxo para o noso país a chegada dun aire fresco de modernidade. Abríronse as portas e ventás a uns principios novos de igualdade, de democracia, de liberdade, se ben grazas, especialmente, aos gobernos de esquerda, sempre máis sensibles polos avances e reformas pois tiñan máis claro a necesidade de transformar o país. Pero ditos cambios serían un labor moi complexo e difícil nun país no que a secular e sempiterna monarquía deixaba tras si unha engrenaxe enquistada de estruturas sociais, políticas, institucionais, económicas de carácter moi conservador e moi tradicionalista. Para corrixir todo isto, a República vía preciso achantar o país sobre as bases dun novo réxime no que primaría a liberade e a tolerancia e para logralo, a educación xogaría un papel fundamental.

A República tivo entre os seus primeiros propósitos abordar o tema da educación. A reforma educativa do primeiro bienio foi dos puntos principais debido a que o noso país vivía nunha derrota cultural e educativa. Había un elevado índice de analfabetismo a pesar dos grandes esforzos levados a cabo por anteriores movementos educativos e culturais de renovación pedagóxica como o rexeneracionismo e o krausismo. O panorama, como digo, era desalentador. O fotograma era dunha España eminentemente rural que vivía, practicamente, de costas á educación. As pequenas escolas dos pobos contaban cun alumnado absentista pois os saberes escolares non se consideraban útiles para o campo e para sobrevivir. As nais e os pais rurais non vían na escola o progreso social, para eles a realidade sería a que era, unha vida limitada economicamente sen moitas perspectivas de futuro.

Xunto a esta consideración social sobre o mundo escolar, había que engadir uns currículos escolares obsoletos, sexistas, de ensinanza mecánica, repetitiva e de pouca visión do mundo. Tamén os docentes, maiormente mestras pois a profesión xa comezaba a feminizarse, contaban con escasos medios para exercer un traballo digno. Era un profesorado, repartido en escalafóns, mal retribuídos e con apenas sentimento corporativo.

A República vía na educación e na cultura as bases para a construción dunha democracia. No Decreto de 1931 dicía: “España non será una auténtica democracia mentres a maioría dos seus fillos, por falta de escolas, se vexan condenados á perpetua ignorancia”.

A Constitución do 9 de decembro de 1931 indicaba nos artigos 48,49 e 50 que a educación:

· Seguiría o modelo da escola única/unificada baseada no principio de igualdade, apostando pola escola pública, obrigatoria e gratuíta, única capaz de garantir a desaparición das diferenzas por razón de clase, territorio, sexo.

· Sería laica.

· Empregaría unha metodoloxía activa que exercitaría o corpo e a mente convertendo ao alumno en protagonista da súa propia aprendizaxe.

· Sería garante da liberdade de cátedra.

· Educaría para a solidariedade humana, substituíndo a competencia pola cooperación.

· Estaría enraizada no medio social e natural, de xeito que recoñecería os dereitos lingüísticos e culturais das diversas rexións.

Pero para levar a cabo esta arduo labor precisábase un maxisterio máis preparado e máis profesional. Aos novos profesionais solicitábaselles:

· Contribuír á formación e perfeccionamento do maxisterio.

· Introducir nas aulas as propostas metodolóxicas e de contidos explicitadas na Constitución.

· Ser transmisores do modelo de cidadáns na escola e na sociedade.

Intentábase levar á cabo o que sempre defendeu Cossio xa que segundo el: “toda a eficacia da obra educadora estriba na calidade e non na cantidade.”

Por conseguinte, a República comprometeuse a profesionalizar a función docente. Para iso elaborou un Plan de estudos denominado profesional. Entón estruturaron os estudos en catro cursos, dos cales o último consistía en facer as prácticas escolares que eran remuneradas. Neste plan establecíase que para acceder a ditos estudos había que estar titulado en bacharelato, deste xeito, o alumnado xa viña cunha preparación cultural sólida. Escolas Normais centraríanse nas materias profesionais reducíndose as teóricas-académicas.

O currículo comprendía maiormente materias baseadas en fundamentos metodolóxicos e temos: Metodoloxía das Matemáticas, Metodoloxía das Linguas, Metodoloxía das Ciencias, Metodoloxía da Historia, Metodoloxía da Xeografía…Logo aparece materias manuais, creativas e artísticas como a Música, Traballos prácticos, Labores…,E amplíanse os coñecementos sobre a infancia coa Pedagoxía, Paidoloxía, Historia da Pedagoxía, Psicoloxía, Filosofía…

Finalizada a carreira debían realizar uns Cursiños de Selección que duraban tres meses: La primera de ellas se desarrollaba en las capitales de cada provincia en base a lecciones teóricas y presenciales; la segunda tenía un carácter práctico impartiéndose en las propias escuelas; finalmente, la tercera se vinculaba a la Universidad, dondelos aspirantes complementaban su formación cultural.

Polo tanto, a República quixo converter ás Normais en Centros universitarios, en centros superiores de cultura e de formación profesional. Esta reforma ten a peculiaridade de que contou coa colaboración do seu profesorado normalista xa que a dirección Xeral reuniu en Madrid en febreiro de 1931 a todos os directores das Normais para escoitar a opinión dos Claustros en relación aos cambios que vían precisos para a transformación do maxisterio. O Ministerio non podía estar máis orgulloso pois, deste xeito, o novo plan configurábase en base ao consenso e atendendo de xeito democrático aos axentes docentes.

As mestras de Ourense pasan, entón, polo Instituto provincial para estudar bacharelato ou para examinarse das materias por libre (no caso de que se formaran en academias) e de aí ingresarían na Normal da rúa do Progreso que pasaba a ser mixta. Estas alumnas terán a oportunidade de contar cun interesante profesorado, culto e intelectual, que viña sendo referente na sociedade ourensá.

Non nos cabe a menor dúbida que estes docentes influirían notablemente nas nosas mestras. Mestras que, tras rematar a carreira, acudirían por toda a provincia, ata os lugares máis remotos, levando a cultura, a alfabetización a través dunha pedagoxía máis moderna.

Que supuxo a Normal nestes anos? É pertinente comentar que durante estes anos será un centro decisivo. Vai converterse nunha institución de referencia na cidade e na provincia pois contaba cun cadro docente de elevado nivel, un elenco de profesionais de alta excelencia como Leonor López Pardo (que pertencía ao Instituto de Estudos Gallegos), Concepción Ramón Amat (ligada tamén ao Seminario de Estudos Galegos), Emilio Amor Rolán, Sara Leirós, Araceli Ancochea, Marta Valencia, Felipe Pedreira, (home de Araceli Ancochea), Josefa Rosón, Carmen Pardo Losada (ligada ao Seminario de Estudos Galegos), Jesús Soria, Josefa Segovia, Pilar Martínez Álam, Pío Ramón Oxea (pai de Ben-cho-Shey) e un longo etc...pero, por suposto, Vicente Risco que sempre tivo entre os seus propósitos galeguizar o ensino primario.

O profesorado da nosa Normal vai traballar conxuntamente para asumir o novo reto de formar pedagoxicamente aos futuros mestres e mestras. E dicíase que: “Hai que multiplicar as reunións claustrais e enchelas de preocupacións pedagóxicas….é preciso crear na Escola a atmosfera e o ambiente que necesita o futuro Mestre de España”.

Polo tanto, hai que dicir que a nosa institución, a Normal ourensá, non foi allea aos principios básicos que se defendían no Regulamento das Escolas Normais de 1933 no que se dicía que a formación dos mestres non debían quedar tan só dentro da Escola, senón que había que contextualizar aos futuros mestres dentro dunha contorna e fomentar a apertura das Escolas Normais ao exterior.

Por iso, non nos deber extrañar que a nosa Normal se convertera nun centro dinamizador tanto dentro da propia institución como fóra dela.

Seguindo estes principios a Normal organizaba e planificaba numerosas actividades. Entre as principais estaba o de programar conferencias para todos os sábados sobre temas pedagóxicos ou culturais. E, como non, alí adoitaba estar Otero Pedrayo.

Co gallo dos cursiños de selección profesional impartíanse interesantes disertacións como as de Vicente Risco; Sara Leirós, Concepción Ramón, Manuel Maceda…

Programaban anualmente cursiños teórico-prácticos de perfeccionamento para o alumnado e os docentes en exercicio e durante doce días había conferencias de temáticas diversas (impartidas polos docentes do centro); charlas sobre organización escolar (estas impartidas por inspectores como Antonia Ortiz ou Manuel Maceda); exposicións de traballos manuais; recitais de poesía e excursións didácticas. Un dos cursiños máis completos foi o organizado pola directora Concepción Ramón en maio de 1933. Esta mesma directora foi a promotora do curso que se desenvolveu na Escola Normal para alumnado e xente externa sobre idiomas como inglés, alemán, francés e ESPERANTO no que participaron diversos docentes do centro como Emilio Amor, a propia Concepción e Vicente Risco que impartiu Alemán e Esperanto.

As excursións eran actividades programadas co fin de enriquecer os coñecementos do alumnado e para que este se integrase e tivese un coñecemento profundo da súa contorna. Precisamente, a directora Concepción Ramón organizou a visita á zona de Valdeorras (Barco, a Rúa, Trives, Castro Caldelas e tamén A Coruña en abril de 1933 á que acudiron sesenta e dúas alumnas. En maio de 1934 organizouse outra a Lugo acudindo alumnos e alumnas que foron recibidos e agasallados polos seus compañeiros da Normal de Lugo.

En definitiva, a Normal de Ourense adquiriu un renome categórico e facía acto de presenza nas celebracións festivas da cidade, e, por suposto, nas conmemoracións da República o 14 de abril. Un día que se aproveitaba para realizar diversas actividades e escoitar as charlas de Vicente Risco. Con respecto a isto hai unha anécdota curiosa. O 14 de abril de 1934 xuntouse o claustro da Normal e o seu alumnado na aula máis grande pois ían escoitar o programa que emitían pola radio desde Madrid para conmemorar a República. O aparato de radio que tiña a Normal para o momento foi un prestado polo comercio El Cronómetro. Pero, chegado o momento, non deron conectado, polo que non puideron escoitar a celebración. Decidiron rematar a mañá escoitando música e xa pola tarde iniciaron as charlas desde as catro ás oito da tarde. Está claro que a Normal implicábase co ideario da República.  Por último, non debemos esquecer que a Normal era socia protectora do Seminario de Estudos Galegos.

Por suposto, o Instituto será outro centro neurálxico da cidade. O bacharelato constaba de seis cursos e impartía no centro un excelso profesorado.

En definitiva, tanto un como o outro centro estaban recibindo un grande número de ourensás que querían abrirse camiño. Se observamos a evolución das matrículas tanto no Instituto como na Normal comprobaremos que era unha evidencia a tendencia e o fluxo de alumnas procedentes da capital e do resto da provincia. O novo concepto da muller na República empurrou a moitas delas a facer efectiva esa igualdade mediante unha formación académica superior para dar paso ao exercicio profesional.

MÁIS ALÁ DA FORMACIÓN E DA PROFESIÓN. TAMÉN A ASOCIACIÓN E IMPLICACIÓN.

A época republicana vai supoñer unha nova concienciación feminina e iso será apreciable no aumento do compromiso das mulleres coa sociedade.

Se ben é certo que a docencia foi unha das primeiras concesións de estudos superiores que se lle outorgou á muller, porque existía a crenza de que desempeñaría un papel adecuado e digno que non desentoaría co seu instinto maternal, isto é, eran estudos que encaixaban na "idiosincrasia" feminina, non hai que descartar que con esta ampliación de miras as nosas docentes traspasaron barreiras pois:

· lograron elevar o seu nivel cultural

·  conseguirán integrarse no mundo profesional cun grao de consideración social moi digno

·  tomaron conciencia sobre o seu rol social e o seu estatus.

Van implicarse moitas delas en movementos de carácter máis marcadamente activo levándoas a formar parte de Asociacións de mestres; da Casa do Mestre, da Asociación de Traballadores de Ensinanza A.T.E.O, que aínda que era moi plural, tiña un marcado carácter republicano e galeguista. Moitas tamén se afiliarán a agrupacións políticas como o Partido Galeguista e socialista.

A iniciativa de crear a Casa do Mestre en Ourense xorde en 1935 cando unha comisión de mestres visitou aos inspectores o 21 de febreiro para informarlles da vontade de que se creara esa asociación tal como se fixera noutras provincias galegas. A proposta foi acollida de bo grao pola inspección. A ela tamén se adheriu a Normal de Ourense que, por medio do seu director Vicente Risco, considerou: "No puede la Escuela Normal, como formadora de maestros, permanecer ajena a lo que tienda su dignificación y a la defensa de sus legítimos derechos profesionales. No ha de regatearles, pues, su ayuda para lograr que la Casa del Maestro cumpla los fines con que se funda"..

A Casa do Mestre era unha institución moi activa pois organizaba conferencias e charlas, prestaba axuda aos docentes en cuestións burocráticas e lexislativas, ofrecía asesoramento aos mestres e mestras e tamén formación para a mellora profesional e cultural destes. Facilitaban libros sobre pedagoxía e psicoloxía aos inscritos á Casa e intercambiábanse experiencias docentes.

As pretensións era considerar ao Fogar do Mestre como unha Sociedade cultural, administrativa e recreativa. Cultural porque contaría cunha Biblioteca, realizaría Cursiños de conferencias, charlas científicas e "todo lo que tienda a una mayor elevación y dignificación de la clase". Tamén faría un labor administrativo porque todos os docentes que non residisen na capital poderían acudir para resolver asuntos. E por último, sería recreativa pois sería un lugar de xuntanza e encontro de compañeiros.

Houbo un total de 90 mestras rexistradas na casa.

Outra mostra máis do compromiso das mestras foi a ATEO. Esta asociación compúñana docentes moi reivindicativos desde o punto de vista pedagóxico e político . Recoñecíanse de esquerdas, socialistas e republicanos e solicitaban adherirse al "Frente Único del proletariado". Aquí tamén se inscribiron mestras que recoñecían a necesidade de que a escola fose transformadora da sociedade. Dezasete mulleres se rexistraron. 

A Asociación supuxo un baluarte para a República pois os principios que esta defendía para a educación foron asumidos polos docentes integrantes da mesma. No diario republicano La Mañana dicíase:

Hace pocos días comenzó a publicarse en Orense una revista, órgano de la Asociación de Trabajadoes de la Enseñanza ATEO. Es una publicación dotada de un espíritu renovador, avanzada, combativa, preconizadora de una política escolar elevada y austera. Son todos jóvenes los que integran la ATEO. Jóvenes cultos con sed de cultura, pertenecientes a la nueva generación, generación, esta no sólo de maestros, futuros pedagogos, con una vocación fervorosa y una profunda inquietud social, sino también de ciudadanos. Para la República significan ellos amplias y generosas perspectivas. En maestros de este corte, de este ímpetu y de este fino sentido de responsabilidad puede esperar mucho la España del porvenir…Afortunadamente, la España vieja ya no puede oponer barreras al paso del impulso fecundo de estos jóvenes.

En los política ellos traerán, con su profunda preocupación cívica, el brío de su juventud, un rozameniento y un dinamismo fértil en la vida pública. Su acción en Galicia ya ha sido provechosa, dando el pecho a los últimos coletazos de la oligarquía y del caciquismo…Nadie como ellos para esta obra, porque han visto de cerca, en sus hogares aldeanos, clavarse el aguijón con ademán feudal en la carne inerme de los humildes glebarios, y porque han tenido fortuna de ver nacer, entre las sombras aciagas que envolvieron la vida de sus padres, el otro luminoso en la República, de nuevo régimen de que han de ser ellos constructores y guías.

Si desde las aulas escolares portearán ellos espiritual y moralmente nuevas generaciones, capaces de hacernos olvidar la miseria de la función instructiva hasta ahora vigente y la indigencia cultura de los maestros formados en un Estado rutinario, en los bastiones de la ciudadanía sabrán defender una ética que exterminará todos los vestigios y residuos de la vieja sociedad española, espectro cadavérico que se resiste a la sepultura, pero que al contacto del nuevo sol y del nuevo aire pronto se convertirá en polvo.

Esta asociación de traballadores do ensino de Ourense sería duramente represaliada.

Logo tamén hai que falar da Asociación Xeral do Mestre, creada en 1912, que pasaría a Federación de Traballadores do Ensino (F.E.T.E) integrada na U.X.T. Os seus integrantes, mestres e mestras, adquiren un maior compromiso socialista. 

Polo tanto, sendo o maxisterio unha profesión cada vez máis feminizada non é erróneo pensar que as mestras foron a alma e motor dos cambios educativos que propugnaba a República. Se ben é certo, a maior parte das mulleres ourensás que foran adoutrinadas ao longo de moitos anos no rol de submisión non adoptaron de súpeto o ideario republicano, e de feito vai haber grupos de mulleres que servirán de escudo en Ourense para as ideas que comezan a chegar, si é certo que houbo mestras ourensás que se comprometeron co novo réxime. Unhas foron máis visibles e máis explícitas á hora de concordar coa República e deixaron a súa voz e a súas ideas por escrito, outras, as máis, foron máis silenciosas e optaron pola discreción pero ao levar a cabo unha docencia renovadora fai pensar que estaban de acordo co labor fundamental do ensino para cambiar a sociedade. Quero pensar que todas achegaron o seu traballo con emoción e vocación.

Insisto, estas mestras aplicaban novas técnicas didácticas, pedagóxicas, métodos modernos de ensinanza baseado no sistema de aprendizaxe global. Tiñan como principio o paidocentrismo, isto é, o neno e nena son o centro do proceso educativo. Ensinábanlle a recitar poemas, a cantar, saían con eles de excursión, desenvolvían traballos manuais sobre a contorna e facían exposicións.

A máis diso, tamén moitas mestras ampliaron o seu horario coas clases de adultas. Tras as clases ordinarias, pola tarde noite, ofrecían ensinanza a aquelas mulleres adultas para que adquirirán os rudimentos básicos para defenderse na vida.

AS MESTRAS OURENSÁS NAS MISIÓNS PEDAGÓXICAS

Por suposto, temos que falar das Misións Pedagóxicas. Estas creáronse por decreto o 29 de maio de 1931(publicado na Gaceta o 30 de maio) e a súa función era espallar a cultura, por medio de bibliotecas, charlas, exposicións… Había un Padroado das Misións Pedagóxicas cuxo presidente era Manuel Cossío e que contaba cun orzamento inicial de 300.000 pesetas e a el debíase informar das actividades e propostas que facían as Misións Pedagóxicas das localidades.

Pois ben, estas tamén funcionaron na nosa provincia. Vilas e pobos como Xinzo, Beiro, Canedo, Canda e Piñor de Cea, Avión, Mezquita, O Barco…. solicitaban ao padroado a formación da bibliotecas pois consideraban que era preciso desenvolver o labor cultural.

Pero sen dúbida, foi Parada do Sil o máis activo para organizar as Misións Pedagóxicas pois o maxisterio da comarca levou a cabo diversas tarefas de promulgación cultural sendo a súa principal promotora Rosa Pons, a mestra. E dicían

De acuerdo todos los maestros nacionales de este municipio, emprenderán una campaña pedagógica y cultural por todas las escuelas del mismo, consistente en una serie de conferencias con las que procurarán elevar el nivel de cultura y educación cívica y moral del pueblo, así como también le ayudarán a interpretar el espíritu de la República en sus disposiciones de carácter pedagógico y social.” (Galicia, 12 de novembro de 1932, p. 3) .

O día 13 de novembro de 1932 organizaron un amplo programa e dicían o seguinte:

El primer acto se celebrará el próximo domingo día 13 a las dos de la tarde en el local de la escuela de niños de Parada del Sil y en él tomarán parte los señores maestros siguientes: Doña Rosa Pons de Yañez, de Parada; Don Nicolás Martín Grande, de Guendón y don Eduardo López Otero de Sacardebois.

Na localidade de Teimende celebráronse outras Misións o día 4 de decembro de 1932. Nelas intervén unha muller interesante chamada Elvira Coello, unha mestra e :

Habla de las grandezas de España en el transcurso de los tiempos; compara las grandezas del Estado español con las miserias que padeció en todo tiempo el pueblo; culpa de este abandono a la Monarquía y presenta la esperanza que en el régimen republicano debemos tener, convencidos de que ha de llevar a España a nuevas grandezas basadas en la educación de todos sus habitantes…(El Magisterio orensano, 8 de decembro de 1932, p. 2)

En Lobios tamén van organizarse as Misión e e expresan deste xeito o seu contento:

“¡Que satisfacción es ver cumplido el ideal que en nuestras conciencias radica! Los maestros que forman la sociedad Loviense de Trabajadores de la Enseñanza, estarán satisfechos, poseídos de ese bienestar moral que nos embarga al ver coronados nuestros esfuerzos con los laureles de la victoria.” (Galicia, 4 de xullo de 1933, p. 4).

Nestas misións vai participar María Cid, inspectora. Falarei máis adiante dela.

En Carballiño, Viana, Entrimo, Lardeira de Carballeda, Avión…Pobos e pobos que querían disfrutar das vantaxas que lles ofrecía o Padroado das Misións Pedagóxicas e cuxos mestres e mestras non paraban de solicitarlles bibliotecas, exposicións itinerantes…

EXEMPLOS DE MESTRAS E OS SEUS PRINCIPIOS NA EDUCACIÓN.

A continuación vou facer referencia de mestras ourensás que polas súas obras e polos seus ditos deixaron patente a súa adhesión e confianza pola República.

MARÍA BOUZAS PÉREZ

María afiliouse ao Partido Comunista e foi unha das dirixentes de ATEO (Asociación de Traballadores de Ensino de Ourense) e por tal motivo sufriu a represión da Comisión Depuradora que determinou o seu cese en agosto de 1936 xunto cos seus compañeiros do sindicato, edito asinado polo comandante militar Luís Soto. Chegou exiliada a Veracruz (México)

MARÍA CID: INSPECTORA

Comezou a ter notoriedade entre a sociedade ourensá formando parte de tribunais de oposición, participando en Semanas Pedagóxicas como na de Ribadavia onde disertou sobre “La ficha escolar”. Unha exposición na que facía fincapé no coñecemento pedagóxico do alumnado tal como defendía a República. Comezou dicindo que unha das características fundamentais da Escola é o coñecemento dos nenos e nenas no seu dobre aspecto, físico-psicolóxico. Tamén era propio dela reunirse cos mestres da súa zona para constituír o Centro de Colaboración Pedagóxica. En concreto en Boborás indicou aos docentes a influencia decisiva que no labor educativo exercen as novas institucións culturais.

Foi a presidenta das Misións Pedagóxicas de Lobios que se celebraron en xullo de 1933.

Lamentablemente foi sancionada e fichada coa chegada da ditadura. Poden comprobar como di a ficha: “afecta a la República”.

PIEDAD FERNÁNDEZ LÓPEZ

Tras finalizar os estudos na Escola Superior de Madrid foi nomeada profesora de Pedagoxía da Escola Normal de Mestras de Baleares.

En 1929 foi pensionada pola Xunta de Ampliación de Estudos e foi designada para o cargo de repetidores de Español na Escola Normal de Carcassonne. En 1932 regresou a Ourense e foi profesora auxiliar na Escola Normal de Mestras de Ourense e tamén Inspectora de ensino primario. Faleceu o 12 de xuño de 1933 aos 33 anos de idade despois dunha longa enfermidade.

O seu falecemento foi moi sentido polos membros da ATEO da que dicían que compartía con eles os ideais republicanos:

Una prolongada enfermedad arrebató la vida de la Srta. Piedad Fernández, Inspectora de primera enseñanza de Orense.

Su abolengo republicano encuadró a esta compañera en una conducta de liberalidad y le legó la más rica de las herencias una vida sin prejuicios.

Doble motivo tenemos para lamentar la pérdida de Piedad Fernández. Lo lamentamos por maestros y niños, la lloramos porque esta Inspectora era de las nuestras. Reciba su familia el aliento consolador que le envían los muchachos de la ATEO.

ELISA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

Afiliouse á ATEO e colaborou no Boletín cun escrito titulado “Los caminos del espíritu y la escuela primaria” no que avogaba por unha educación baseada nunha aprendizaxe natural por medio da cal o neno adquiría o coñecemento por si mesmo e de xeito voluntario. Deste xeito, a educación debe excluír radicalmente toda forma forzosa de aprender pois vai en contra da natureza. É, polo tanto, un pensamento pedagóxico moi ligado a Rousseau. Este razoamento lévaa a defender que a ensinanza da relixión non debe incluírse nas escolas xa que, dado que os nenos van ser quen de ir desenvolvéndose de xeito natural-individual, a relixión, como cuestión de vontade persoal e íntima, deberá ser o infante quen decida, libremente, escollela: e dicía:

Quizá la República con sus decretos sobre la enseñanza laica, haya venido a resolverlo. En verdad, lo que más ata al niño a un sentimiento que no es el de É, es toda forma forzada de religión.

CARMEN JOAQUINA LÓPEZ BELLO

Afiliada a ATEO xunto co seu irmán. Defendía unha escola con recursos para ofrecer unha mellor calidade educativa:

…Claro está que las Escuelas todavía no están dotadas del material auxiliar en consonancia con la capacidad de los niños y con la extensión que debe dársele a estos conocimientos en la Escuela Primaria. El ideal a que debe aspirarse es a la dotación completa dentro de lo posible de todo lo que signifique facilidad en la enseñanza y disminución del tiempo…

Cando foi represaliada dicían nos cargos:

Fue propagandista del comunismo en la escuela y en la calle y en todos los actos de su vida…que en vísperas del levantamiento nacional, o antes de vacaciones, trabajaba en la constitución de una célula comunista…trabajó incansablemente en atraerse adeptos a su partido, hablando encomiásticamente de Rusia y despotricando contra todo sistema moral, religioso y social, por anticuado y frenador de la humana libertad…”.

DORINDA MESA VILLAR

Estaba afiliada a ATEO e escribiu sobre o papel dos mestres e mestras na República:

A evitar tamaños males tiende la voz de los maestros nacionales de Padrenda ya que por su profesión son los llamados a declarar titánica guerra al analfabetismo en esta pequeña parte de suelo patrio, ello son por decirlo así, los depositarios de la confianza del Estado para la formación de futuros ciudadanos que hagan de una España lánguida, anémica y pobre, una nación fuerte, robusta y rica..

DELIA OSORIO OTERO

Significouse moito polo texto que deixou escrito contra a institución eclesiástica. Un estrato del é o seguinte:

La Iglesia es un poder de opresión burguesa y no se puede esperar que esta clase quiera desprenderse de quien tan bien la sirve. Ha de ser el proletario quien comience una verdadera ofensiva en contra de ese puntal del capitalismo que bendice los cañones, bautiza los acorazados y los aviones de guerra, protege la explotación más inhumana con el engaño del cielo y sirve de avanzada para la introducción de la esclavitud capitalista en los pueblos coloniales.

Nos cargos que se presentou contra ela dicíase:

jamás la he visto entrar las puertas de la Iglesia y no solo eso sino que se mofaba de todos aquellos que practicaban los misterios de nuestra religión, e incluso antes del movimiento llegó a impedir a todos aquellos que militaban bajo su bandera la asistencia a la Iglesia y el trato conmigo...Era comunista declarada pues en las últimas elecciones presidió la mesa representando a los comunistas de esta parroquia...


ROSA PONS Y YAÑEZ

Era a mestra de Parada do Sil. Foi unha muller de fortes convicións e promoveu a organización das Misións Pedagóxicas na súa escola. O 18 de novembro de 1932 a súa escola estaba ateigada de xente para escoitar as tres conferencias que ían a impartirse. Rosa disertou sobre Infección e Medios de evitala.

Escribiu sobre as Misións Pedagóxicas

“…Los elementos jóvenes del Magisterio nos proponemos trabajar, llevar nuestra voz, nuestro modesto saber por todas las escuelas del municipio con el fin de educar al pueblo, de hacerle comprender todo lo bueno, lo grande y lo bello que le rodea para que lo admire, respete y ame; y todo lo malo, lo detestable y lo abominable para que lo deponga, para que lo considere como cosa indigna de ciudadanos honrados y no siga haciéndolo. Nos proponemos ademas, preparar estas legiones grandes de hombres y mujeres que son padres y madres de nuestros alumnos y a los jóvenes y niños que ya abandonaron la escuela para que no sean una rémora para la sociedad, un obstaculo para el progreso…La escuela les vuelve abrir sus puertas y los prepara para la lucha por la vida, que es la verdadera misión de la escuela….Por el bien del pueblo que es a la vez el bien de España…Hemos iniciado y seguimos adelante con estas pequeñas Misiones pedagógicas que deseamos logren conseguir el fin que nos hemos propuesto” (Magisterio orensano : periódico de información provincial de Magisterio: Ano I Número 28 - 1932 novembro 30, p. 4)

Houbo outras interesantes mestras que se fixeron ver e destacar. Moitas outras levaron os seus actos e pensamentos no silencio. Seguro que houbo moitas máis afectas á República á quen lle deben unha formación moi profesional cun cometido e responsabilidade enorme.

EUDOSIA LORENZO DIZ declarada republicana. Seu fillo o corrobora. Tivo que fuxir do país por ser perseguida.

CONCEPCIÓN ROMAN HERNÁNDEZ: adherida a Casa del Maestro pero que foi sometida a represión política segundo consta Centro documental da memoria histórica.

MERCEDES DO CAMPO. Mestra vinculada ao partido Galeguista. Tamén foi represaliada e castigada ao desterro.

PILAR BOUZAS

Moitas das mestras foron sancionadas pola Comisión Depuradora e foron acusadas de socialistas e comunistas e de ser afins á República. Sabemos que a depuración foi moi dura. Milleiros de mestres e mestras foron duramente castigados. Ese estigma levaríano longo tempo nas súas costas.

Elas sabían do risco que corrían por defender uns principios sociais pero quédannos na memoria para o seu respecto.

Afortunadamente, nada máis chegada a democracia no Pleno do Congreso do 10 de maio de 1978 interveu unha muller, que é esta que están vendo na pantalla, deputada do Partido Socialista, María Izquierdo Rojo. Ela foi a que levou a moción de amnistiar ao profesorado republicano e que lle foran recoñecidos os seus anos de servizo. Vou lerlles como foi a petición.

La señora IZQUIERDO ROJO: Muy brevemente,

En nombre del Grupo Parlamentario Socialista, para presentar la moción derivada de la interpelación sobre amnistía a maestros depurados.

Primero, que a los maestros integrados en el Cuerpo del Magisterio, por aplicación del Real Decreto de 2 de junio de 1977, se les reconozca da antigüedad y la misma consideración que si se hubieran mantenido en activo.

Segundo, que se cree una Comisión formada por representantes del Ministerio, de los propios afectados, y por Diputados pertenecientes a la Comisión de Educación, para que se estudien y analicen detalladamente aquellos casos que presenten dificultades para tal integración .

Tercero, que a los efectos de lo señalado en el punto primero, una Comisión de Diputados de la Comisión de Educación del Congreso y representantes de los Ministerios competentes preparen la elaboración de las normas legales pertinentes.

Tan sólo quiero ahora señalar que no estamos ante una cuestión de partido, sino ante una cuestión de democracia; de esta democracia en la que todos estamos implicados.

Interveu logo un representante do grupo mixto Sr.Sánchez e dixo:

Señor Presidente, señoras y señores Diputados, esta moción

que ha sido presentada como consecuencia de la interpelación de la señora Izquierdo Rojo y yo mismo, como una interpelación que la calificó el señor Ministro de Educación y Ciencia como «interpelación tandem)), creo que tiene un sentido que se puede resumir en pocas palabras: hacer justicia. Se trata –ya se ha dicho varias veces en esta Cámara- de unos Maestros de la República que han sido discriminados y que, como consecuencia, se ha discriminado en ello a todos los demócratas.

El señor PRESIDENTE: Comienza la votación. (Pausa.)

Efectuada la votación, dio el siguiente resultado: votos emitidos, 309; a favor, 307; en contra, uno; abstenciones, una.

El señor PRESIDENTE: Queda, en consecuencia, aprobada la moción defendida por la representante del Grupo Parlamentario Socialista del Congreso.

Creo que foi un acto de grande xustiza.

E con isto dou por rematada a miña comunicación. Agardo que fora clara na exposición e resultara do seu agrado. Moitas grazas pola atención e ata sempre.





Rosa María Cid Galante.
9 de marzo de 2024.