RECANTO DE REFLEXIÓNS

Absorbida na lectura de "El infinito en un junco"

 


Durante longo tempo estiven absorbida na lectura do libro "El infinito en un junco". Mentres os meus ollos percorrían as súas liñas trasladábame a tempos, espazos, lugares, personaxes...que provocaban en min un intenso regocixo polo que ía aprendendo.

Este ensaio-novela voltou a sentir en min o orgullo de que fose escrito por unha muller, Irene Vallejo. As razóns son varias. É un libro impregnado de filo-sofía, cimentado nunha exquisita documentación, demostrando que a autora lle dedicou numerosísimas horas e tempo para ir conformándoo (así o demostra a numerosa bibliografía consultada). É un libro intrigante  que logra adentrarnos nunha "trama"  de difícil escapatoria polo envolvente de xuncos. Si, en efecto,"trama". Chamamos trama ao argumento de algo e a "trama" tamén é o entrelazado de fíos, deses fíos que conforman o papel antigo e o papiro. Por outra banda, a autora demostra ter uns amplísimos coñecementos sobre filoloxía e narrativa...fundamentado no humanístico.

Os libros son os heroes do tempo, son os protagonistas deste libro. Os libros tan amados por tantos e dos que tanto aprendemos convértense en núcleo central do argumento. Como naceron, como evolucionaron, como se custodiaron, como atraeron, como foron tesouro e chegaron a provocar guerras e persecución...Todo isto explica a autora que como di creceu cos libros. É, por fin, un panexírico aos libros.

É un percorrido pola orixe das palabras e o alfabeto. É un transitar de páxinas tal como camiñar polos papiros entramados dos que xurdiron os libros. Un percorrido polos biblios, biblia e bibliotecas... A Ilíada, a Odisea, Homero, Alexandro, Umberto Eco, Borges, Alexandría, Bolonia...un transcorrir de referencias onde non faltan as mulleres do mundo antigo, vetadas na cultura, pero malia todo tamén escribiron, narraron, compuxeron poesías e ensaios.

Todo este inmenso mundo narrado de xeito exquisitísimo, fluído...nun ir desde a antigüidade ao presente e volta a atrás. Unha historia encerra outra a xeito de matriosca. Unha historia leva ao cine, ás imaxes, ás historias. Todo "ganchillado" como un tecido.

Os libros e historias con reflexións sobre o presente o que alude compromiso da autora do preciso que é repensar o mundo actual que non pode soslaiarse da cultura, patrimonio inmaterial, que gratifica e pacifica.

Foi un paseo polos xuncos no que cabe un mundo de letras e palabras infinitas.

Un libro no máis auténtico estilo clásico por antonomasia. 

12 de xullo de 2022.