Etiquetas

08 junio 2018

LUÍSA BUCETA ÁLVAREZ

Dona Luísa naceu en 1901. Non naceu en Ourense pero veu á nosa cidade pois o seu pai, Luís Buceta Meza era avogado e alto funcionario do Ministerio de Industria e Comercio, veu exercer na nosa cidade. Matriculouse no Instituto de Ourense no ano 1923 onde cursou dous anos para logo trasladarse ao Instituto de Pontevedra onde remtou os estudos e realizou estudos de Maxisterio. Exerceu en Ponteareas e en varias escolas de Pontevedra. Casou con Aquilino Álvarez Novás o 20 de setembro de 1934.

Vid: Cid Galante, Rosa María. Tese de Doutoramento e publicacións varias;Vida gallega , 20 de setembro de 1934.

01 junio 2018

MARÍA FE BOBILLO ENRÍQUEZ

María Fé Bobillo naceu en Ganade (Xinzo de Limia) o 22 de xaneiro de 1911. Os seus pais eran comerciantes. Aos 11 anos fixo a inscrición no Instituto Xeral e Técnico de Ourense. Realizou os estudos de forma libre e posteriormente realizou estudos na Escola Normal de Mestras de Ourense. Titulouse e aprobou en 1934 as oposicións de Grao Profesional de Maxisterio.

Exerceu durante algún tempo nunha escola de Teruel pero logo voltou a Ourense e traballou na escola de Lobaces en Trasmiras; Rairiz de Veiga; Feás (Calvos de Randín).

Vid: Cid Galante, Rosa. Tese de Doutoramento; El Pueblo gallego 1934 octubre 5