Marta González naceu en Ourense en 1983 no seo dunha familia relacionada coa medicina, pais xinecólogo e nai enfermeira, e é obrigado destacala no noso blog pola súa interesantisima traxectoria. Traballa desde 2013 en Baltimore no Instituto Nacional de Envejecimiento, National Institute of Aging, NIA. Licenciada en Ciencias do Deporte e doutora en Fisioloxía do Exercicio, Marta González comezou a súa especialización académica e profesional no ámbito da xenética e a bioloxía celular, onde conta con máis de sete anos experiencia. Actualmente traballa baixo a dirección do prestixioso investigador Luigi Ferrucci no estudo dos cambios que experimenta o organismo conforme a persoa envellece, para a partir de aí determinar como se pode atrasar este envellecemento.
Ademais da súa ocupación como investigadora tamén é unha importante triatleta preparándose disciplinadamente (érguese ás catro e media da mañá para entrenar e ás oito vai a traballar) para participar nos eventos deportivos e conseguir a clasificación para o campionato do mundo.
Sinxelamente, un orgullo tela no noso blog.
Vid: La Región
La Voz de Galicia
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
13 septiembre 2017
09 septiembre 2017
LOURDES HERVELLA
Lourdes Hervella é unha escritora nacida en Verín e afincada en Cataluña. Destaca esta escritora por unha narración que atrapa ao lector cunha temática que ela califica de "apocalíptica". Leva implicada na novela, que vai ser unha triloxía, titulada "Proyecto Madre" ambientada nunha Barcelona invadida por zombis e onde se mergulla nas profundidades do ser humano para atopar o mellor e o peor del. Recentamente publicou a segunda parte titulada "La Humanidad Perdida" onde dá continuidade á historia.
É de mérito destacar a esta muller ourensá que se introduce con éxito no mundo literario nacional.
Vid: La Voz de Galicia
05 septiembre 2017
MARCELINA AHUJA
Nun interesante artigo de La Región fálase da Rúa Alba, rúa que uniu a Rúa do Progreso e Santo Domingo creada no ano 1867 e hoxe denominada Alejandro Outeiriño-Cardenal Quiroga.
Segundo a reportaxe tratábase dunha rúa dinámica en canto a negocios varios e entre eles quería destacar un en especial polo tema que nos toca neste blog. Trátase dunha Academia de señoritas creada no ano 1877 por Marcelina Ahuja. É unha mágoa non ter máis documentación ao respecto para afondar na vida de Marcelina, non obstante, aínda que só se trate dunha reseña breve creo que merece a pena que figure no noso blog.
Vid: La Región
Suscribirse a:
Entradas (Atom)