Etiquetas

24 febrero 2016

MARISA ACEVEDO REGO
























O martes, 16 de febreiro de 2016, saíu na sección Historia en cuatro tiempos de La Región unha fotografía de hai cincuenta anos na que está  Marisa Acevedo posando coas súas compañeiras do equipo feminino de Balonvolea das Josefinas. Aparecen xunto á súa entrenadora Rosa Blanca Gómez Llamas. Dito equipo acudiu ao campionato Nacional a Madrid e Valladolid en 1966.
Para min é entrañable a fotografía pois Marisa Acevedo é unha magnífica profesora no IES Universidade Laboral no que imparte con profesionalidade Educación Física, indicando que a súa traxectoria viña moi ben trazada desde a súa mocidade. O primeiro trofeo que recibiu Marisa foi o de cross cando ela tiña quince anos. Estudaba no colexio das Josefinas e era entrenada por Rosa Gómez Llamas. Marisa levantábase ás cinco da mañá para poder entrenar antes de comezar as clases ás oito da mañá. A partir de aquí non había competición deportiva onde non figurase Marisa Acevedo, practicou volveibol, baloncesto, atletismo e hockey. Ela e as súas compañeiras de volveibol chegaron a ser campionas provinciais e foron a Madrid a xogar a final a nivel nacional.

Tamén foi unha das xogadoras do mítico Medina de Baloncesto que levaba o nome de Ourense por toda España.

Tras a súa etapa como deportista pasou a realizar tarefas de monitora sendo a preparadora do equipo de ximansia do Colexio Santo Ángel que chegou a ser campión de España en ximansia deportiva, certame do que conserva a copa gañada.

Dedicouse logo á docencia e tiven a fortuna de traballar no mesmo Instituto que ela, no IEs A Laboral. Podo dicir que foi unha das miñas mellores compañeiras pois sempre foi moi nobre e fiel aos seus principios. É un exemplo de profesionalidade e de persoa. 

Para min é Marisa, a miña compañeira e grande  amiga.

19 febrero 2016

AURORA BERNÁRDEZ NOVOA

Aurora Bernárdez Nóvoa naceu no barrio de Almagro en Bos Aires, Arxentina, o 23 de febreiro de 1920 e foi unha excepcional tradutora, editora, arquiveira e tamén unha escritora na súa lingua materna, o galego.
Aurora non naceu en Galicia pero as súas raíces familiares arrincan da comarca de Maside. Os seus país eran Francisco Bernárdez e Dolores Nóvoa nacidos no pobo de Maside que, como tantos galegos e galegas, formaron parte do grande fluxo de emigrantes galegos a Arxentina a comezos do século XX. Pero, aínda que Aurora foi filla da emigración, sempre tivo a referencia de Galicia xa que a súa infancia transcurríu entre Maside, Vigo e Lugo. Pero tamén trancurríu no seu barrio de Almagro en Bos Aires, na rúa da Independencia, nun apartamento de cinco habitacións e terraza no que viviu cos seus pais e os seus cinco irmáns. Un apartamento que daba á plazoleta onde ela acudía a xogar por tiña grandes árbores e onde era inmensamente feliz. A atracción polos libros e a lectura e influída polo seu irmán Francisco Luís que era vinte anos maior que ela e amigo de Borges e Onetti animaron a Aurora a licenciarse en Filosofía na Universidade de Bos Aires[1].

“Le dije a una amiga mía, Inés Malinow: ‘Mira, hay un escritor, salió un cuento de él muy bueno en La Nación, se llama ‘Casa tomada’. ¿Lo conoces? Yo no lo conozco. A mí me parece que es argentino. Español no es, ¿eh? Pero no sé’. Y me dijo ‘Ay, yo lo conozco. Es un muchacho muy alto, lo voy a ver el viernes próximo, ¿por qué no vienes?’. 

Fui. Y ahí nos conocimos”[2]. A súa grande amiga Inés Malinow, escritora e periodista, faloulle a Aurora de que coñecía a Julio Cortázar con quen coincidía en círculos culturais. Aurora quixo coñecelo e, daquela, Inés citou aos dous unha tarde de 1948 na Pastelería Boston para facer a presentación[3]. Cortázar aínda era un descoñecido no mundo literario pero entre eles comezou unha interesante relación e compenetración polas súas afinidades literarias. A cultura de Aurora xunto coa súa elegancia e carácter afable fixeron que comezaran a verse con frecuencia, converténdose, como dicía Saúl Yurkievich, poeta e crítico literario e amigo de ambos: “pareja amorosa que sabía como nadie enriquecer constantemente su complicidad”[4].

Pouco a pouco a relación foi sendo máis profunda e, en 1952, Aurora marchou a vivir a París con Cortázar que xa levaba alí un ano. Julio Cortázar sentía admiración por Aurora, tal como recoñeceu a amiga do escritor en París, Edith Aron. Cando Aurora chegou a París viviron nun modesto hotel e a súa vida tamén o era. Julio escribía e Aurora comezou a conseguir traballos de tradutora co que ían tirando. Proba disto é o relato de Aurora:”Comíamos kilos de papas fritas, hacíamos los bifes casi clandestinamente porque en la pieza del hotel no había cociña, ni se nos autorizaba a cocinar, abríamos la ventana del cuarto para que no humerara tanto”[5] .

En 1953, Aurora e Cortázar conseguiron un traballo na Unesco que consistía na tradución de proxectos pero non querían un traballo permanente xa que “precisaban moito tempo para ler e escribir”. Este feito foi chamativo e, segundo Mario Vargas Llosa: “aos funcionarios da UNESCO case lles dá un infarto”[6]. Este traballo permitiríalles viaxar polo mundo, ben por xunto ben por separado, como intérpretes e tradutores o que lles aportaba maior cosmopolitismo. Viaxaron a India e alí foi onde Aurora lle dixo a Cortázar: “Hai escaleras que sólo sirven para bajar” e esa ocurrencia aportou a Cortázar a idea de escribir o relato Instrucciones para subir una escalera[7]. Parece claro que Aurora era a musa de Cortázar, aínda que ela non fora a Maga de Rayuela xa que, segundo se di, esta figura puidera estar inspirada na súa amiga Edith Aron ou, como outros din, puidera ser moita xente.

Neste tempo a Universidade de Puerto Rico encargoulle a Cortázar a tradución das obras de Edgar Allan Poe e Aurora colaborará nese traballo que sería considerado polos críticos como unha das mellores traducións da obra do autor estadounidense. Grazas ás ganancias Cortázar mercou un vello galpón para vivir. Decidiron facer unha viaxe por Italia e residiron un tempo en Roma para regresar a París e contraer matrimonio polo civil o día 22 de agosto de 1953 no barrio parisino de Mairie.

A vida en París vaise afianzando máis e a finais dos anos 50 viviron nun apartamento da Rue Pierre Leroux onde Cortázar comezou a escribir a obra “Rayuela”. E nese proceso arrollador da escritura era Aurora, a súa querida Glop tal como el a chamaba, a que lle lembraba que tiña que comer e descansar. Aurora e Julio formaban un perfecto tándem e sempre dialogaban e disertaban sobre literatura dando mostras de que ambos os dous eran uns lectores empedernidos e grandes coñecedores das cuestión literarias.Tiñan unha relación complementaria, algo que para os seus máis achegados amigos era envexable. Mario Vargas dixo: “nunca dejó de maravillarme el espectáculo que significaba oír conversar y ver a Aurora y a Julio en tándem. Todos los demás parecíamos sobrar”[8]

A finais dos cincuenta Aurora trouxo a Cortázar a Galicia para ensinarlle as súas raíces e a súa terra e visitaron distintos lugares, Santiago, Ourense, Redondela, as rías…, soñando incluso Cortázar con pasar un tempo vivindo a xeito de Rousseau, dedicándose á pesca e a herborizar: “Creo que para mi el gran descubrimiento, por inesperado, fuel el paisaje. Cuando volvíamos de Santiago a León el tren anduvo toda la tarde junto al río Miño. Pegado a las ventanillas, no podía creer que eso fuera verdad. Comprendí de golpe la poesía galaico-portuguesa, esa presencia del verde, de los ríos, del égloga”.. escribíalle así unha carta o 27 de maio de 1956 ao seu amigo Jonquiéres a súa impresión sobre Galicia[9]

Tamén tomaría consciencia do idioma expresado á hora de anotar no caderno de Rayuela o nome do xogo en galego: Mariola. Así mesmo, recoñecería escritores galegos como Valle Inclán, Eduardo Blanco Amor, José Angel Valente, Ramón Chao, Neira Vilas...e iso grazas a que Aurora non rompeu nunca coas súas orixes. Foron os galegos quen primeiro repararon na calidade da obra de Cortázar, publicándolle relatos e encargándolle traballos de tradución para a editorial Nova. Todo isto débeselle a Aurora como tamén que o Centro Galego das Artes da Imaxe conteña desde 2006 un interesante arquivo fotográfico de Julio Cortázar. Foi, sen dúbida, unha contribución xenerosa e de incalculable valor para o estudo da figura de Cortázar[10].

Pero a unión do matrimonio comeza a rachar. Foi cando viaxaron a Cuba en 1963 e Cortázar comeza a sentir unha grande atracción por Cuba e pola visión revolucionaria do mundo, nembargantes, Aurora non sentira tal devoción e nunca se poría ao servizo dunha revolución política. Cando Cortázar foi invitado, de novo, para ir a Cuba, Aurora díxolle “para qué volver”. Comeza así unha crise e Cortázar viaxa sen ela a Cuba e coñece a Ugné Karvelis.

De volta, o matrimonio trasladouse en 1968 a vivir ao apartamento que tiñan en Provenza pero un mes despois deciden separarse. Aurora regresou a París e Cortázar permaneceu en Provenza. Estiveron separados sen divorciarse ata oito anos máis tarde cando Cortázar llo pide para casar con Carol Dunlop. Cando comezaron os trámites do divorcio debían xustificar un motivo e, entre os dous, pactan alegar que Aurora, ante as constantes ausencias de Julio ela decidiu viaxar a Bos Aires. Cortázar ao vir de viaxe e non atopala na casa, solicita o divorcio por abandono do fogar[11].

Pero o divorcio non supuxo unha separación en canto que sempre mantiveron unha moi respectuosa relación. O cariño sempre permaneceu. Cando Cortázar volveu casar, Aurora visitaba frecuentemente á parella e acompañou á Julio cando Carol faleceu. Ao pouco diagnosticáronlle a Cortázar leucemia, entón Aurora non se separou máis del. Coidouno ata que faleceu o 12 de febreiro de 1984 e acompañouno encabezando o cortexo fúnebre ata o cemiterio parisiense de Montparnase. Cortázar deixouna como herdeira e albacea de todos os seus documentos e escritos e Aurora preocupouse de difundir toda a obra e legado de Julio publicando os seus libros inéditos, manuscritos e cartas. Doou á Fundación March os catro mil libros que o escritor arxentino tiña na súa residencia en París e que incluían 350 traducións de libros de Cortázar, 150 de anotacións súas, 500 con dedicatorias dalgúns dos seus amigos, como Alberti, Goytisolo, Lezama Lima e outros tres mil moi diversos entre os que se atopan “La Odisea” e a maior parte dos escritos de Breton e Queneau[12].

Aurora viviría a maior parte da súa vida no número 9 da Place de Général Beuret de París, na Rive Gauche. A súa casa converteuse nun lugar de encontro cultural e a onde moitos querían acudir para falar pois con esa muller culta, amable e xenerosa.

Aurora converteuse na principal tradutora das obras de Cortázar a outras linguas. Facía o seu traballo desde a discreción e, tal como dicía Diego Tomasi: “Traducir es siempre una experiencia de la invisibilidad. El buen traductor resalta los valores del autor y resigna su lugar a un mínimo espacio”[13]. Converteuse nunha das mellores tradutoras dos clásicos do século XX labor que acometía de xeito perfeccionista facendo correccións de xeito insistente. Cambiou a vida de moitas persoas ao dar posibilidade de que os lectores de fala hispana leran autores como Flauber, Faulkner, Nabokov, Sartre, Beauvoir, Camus, Bowles, Calvino…traducía desde o francés, inglés, italiano…pois era unha grande políglota. Por iso foi merecedora do Diploma do Premio Konex ás letras en 1994.
O filólogo Carles Álvarez Garriga, colaborador de Aurora durante moitos anos, dicía dela que era excepcional, graciosa, perspicaz, alegre e vivaz. Garriga destacou que ademais de tradutora tamén foi inmensa a tarefa da publicación póstuma da obra de Julio Cortázar[14].

Aurora non publicou os seus propios textos pois priorizaba a obra de Cortázar, carecía de ego e vaidade. Pero o que Aurora deixou foi unha mostra da súa impresionante cultura. “Perché leggere i Classici de Calvino; La Nausée de Sartre; La Malentendu de Camus; Bouvard e Pécuchet de Flaubert; La Vieillesse de Beauvoir…títulos e máis títulos de traducións escrupulosas que falan por ela.
Deixounos o 8 de novembro de 2014 con 94. Aurora dicía que estaba feita de papel pero era tamén de ferro, non foi a Maga de Rayuela pero foi a súa musa. Muller miúda como reflexo da súa notable discreción. A súa vida nunca se baseou na imaxe pública vinculada á fama de Julio Cortázar, e de feito, sempre quixo pasar desapercibida: “Creo que siempre tuve una vocación de oscuridad y de secreto”, con esta frase remata o seu libro “El libro de Aurora” [15].


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Álvarez Garriga, Carles, Cortázar de la A la Z, Madrid, Santillana (2014)
Bernárdez, Aurora , El libro de Aurora, Madrid, Alfaguara (2017)
Cortázar, Julio, Carta a los Jonquières, Madrid, Alfaguara (2010)
Fernández Naval, Francisco X. O soño galego de Julio Cortázar, Ourense, Linteo (2014)
Goloboff, Mario, Julio Cortázar. La biografía, Buenos Aires, Seix Barral, 1998.
Tomasi, Diego, Cortázar por Buenos Aires, Barcelona, Seix Barral (2013)


[1] Nataly Londoño, “La obra desconocida de Aurora Bernárdez”, https://pijaoeditores.com/ensayos/la-obra-desconocida-de-aurora-bernardez, consultado o 4 de abril de 2020.
[2] Idem.
[3] “Inés Malinow” https://es.wikipedia.org/wiki/In%C3%A9s_Malinow consultado o 3 de abril de 2020; “Aurora Bernárdez” https://es.wikipedia.org/wiki/Aurora_Bern%C3%A1rdez, consultado o 3 de abril de 2020. “Aurora Bernárdez, primera esposa y albacea de Cortázar” https://www.telam.com.ar/notas/201411/84436-aurora-bernardez-cortazar-paris-internada.html consultado o 3 de abril de 2020.
[4] Miguel Herráez, Julio Cortázar, una biografía revisada, (Barcelona, Alrevés, 2011); Carla Gasca, “Las mujeres de Julio”, https://infrarrojocultural.wordpress.com/2015/06/21/un-repaso-por-las-companeras-de-julio-cortazar/, consultado o 3 de abril de 2020.
[5] Mario Goloboff: Julio Cortázar. La biografía. (Buenos Aires: Seix Barral, 1998) 96
[6] “Aurora Bernárdez, el gran amor de Cortázar y la guardiana de su legado”, https://www.perfil.com/noticias/sociedad/aurora-bernardez-el-gran-amor-de-cortazar-y-la-guardiana-de-su-legado-1108-0050.phtml consultado o 3 de abril 2020.
[7] Juan Cruz, “Aurora Bernárdez escapa del silencio” https://elpais.com/cultura/2017/06/15/actualidad/1497555669_810337.html consultado o 4 de abril de 2020.
[8] “Aurora Bernárdez” https://es.wikipedia.org/wiki/Aurora_Bern%C3%A1rdez consultado o 3 de abril de 2020; “Aurora Bernárdez el gran amor de Cortázar” https://www.perfil.com/noticias/sociedad/aurora-bernardez-el-gran-amor-de-cortazar-y-la-guardiana-de-su-legado-1108-0050.phtml consultado o 3 de abril de 2020.
[9]Francisco X. Fernández Naval O soño galego de Julio Cortázar, (Ourense, Linteo, 2014); Julio Cortázar, Carta a los Jonquières, (Madrid, Alfaguara, 2010); “Una carta inédita de Cortázar muestra su pasión por Galicia” https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2006/03/30/carta-inedita-cortazar-muestra-pasion-galicia/0003_4647054.htm consultado o 4 de abril de 2020.
[10] https://cgai.xunta.gal/gl/search/node/aurora%20bern%C3%A1rdez%20language%3Agl%2Cund consultado o 4 de abril de 2020.
[11] Camilo Hoyos, “Tan pronto, Aurora (I)”, https://www.granta.com.es/2016/05/tan-pronto-aurora-i/ consultado o 4 de abril de 2020.
[12] Diario de Burgos, 14 de abril de 1993.
[13] Diego Tomasi, Cortázar por Buenos Aires (Barcelona, Seix Barral, 2013)
[14] Carles Álvarez Garriga, Cortázar de la A la Z, (Madrid, Santillana, 2014)
[15] Aurora Bernárdez, El libro de Aurora (Madrid, Alfaguara, 2017)