Etiquetas

16 marzo 2015

ANGUSTIAS LOSADA VILLAMARÍN

Dona Angustias naceu no pobo de Toén no ano 1919. Aos 20 anos, é dicir, no ano 1939, matricúlase na carreira de Farmacia en Santiago ata 1946 de forma oficial e logra licenciarse.

Moi interesante é a tese de doutoramento de Laura Freire titulada Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015. Nela recóllense a traxectoria dos primeiros farmacéuticos e farmacéuticas da provincia. Grazas a esta investigación púidose completar a información das mulleres ourensás que foron incluídas no blog. No ano 1947 coléxiase co número 105. Abriu un primeiro establecemento farmacéutico en Puga (Toén) e, posteriormente, no ano 1958 abriu unha farmacia no Camiño de Bonhome, nº 7 e que aínda rexentaba no 1979.

De novo estamos ante unha muller pioneira e, aínda que non temos máis datos sobre ela, é conveniente que figure no blog polo feito de seguir a senda doutras mulleres anteriores que emprenderon os estudos na universidade e tamén ela abriría o paso a outras conxéneres.

Faleceu en Ourense o 25 de maio de 2016 aos 96 anos.

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense 1900-1930. Tese de doutoramento.
La Noche, 27 de setembro de 1966; El Pueblo gallego 30 de maio de 1979.
Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p. 143 e 237.

11 marzo 2015

RAFAELA RODRÍGUEZ PLACER

Rafaela Rodríguez Placer foi a primeira muller matriculada no Instituto Provincial de Ourense no curso 1880-1881 cando contaba con 12 anos. Era natural de San Eusebio da Peroxa onde naceu o 16 de febreiro de 1868 e era filla de Rosa Placer. No ano 1885 examinouse de grao de bacharelato obtendo uns brillantes resultados: Premio extraordinario en Retórica e escrita e en Historia Universal. A prensa recollía tan encomiable expediente:
(Fonte: El Eco de Tambo, 3 xullo 1883, p. 1.)

Posuía os títulos de Bacharel, Institutriz e Mestra de Ensino Superior. No Colexio Nacional de Cegos foi, ademais de profesora numeraria, directora da Escola de Catequística e subdirectora da Sección de Nenas.

Matriculouse na Facultade de Farmacia de Madrid no ano 1889-1890. Non rematou os estudos, pero ela seguiu formándose e titulou como mestra de "Métodos y procedimientos para la enseñanza de los ciegos". Exerceu como profesora no Colexio Nacional de Xordomudos e cegos de Madrid e dirixiría o Centro durante moitos anos. Alí traballou ata que xubilou.

Nun artigo de prensa local dicíase textualmente o seguinte:

 DE LO MUCHO QUE LA ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CIEGOS DEBE A UNA FAMILIA ORENSANA. POR GRANDE SEARA.

La O.N.C.E fue erigida el 13 de diciembre de 1938, con objeto inmediato de fusionar en una sola entidad los organismos ya existentes. Y hoy posee la Organización cuatro colegios: el de Madrid, el de Sevilla, el de Pontevedra y Alicante. Hay, además, una Delegación en cada provincia, y estas delegaciones suelen atender a sendas escuelas preparatorias.
En el colegio de Madrid, enseñan hasta sesenta profesores. El colegio se haya instalado en el edificio que ocupó Napoleón en Chamartín de la Rosa, cuando la guerra de la Independencia.
Hoy nuestros invidentes no sólo pueden recibir la enseñanza primaria y profesional, sino también cuando es posible, la enseñanza media y superior.
Algunos ciegos, aunque parezca increíble, se han licenciado en Derecho y en Filosofía y Letras. Recientemente, un ciego se ha ordenado de presbítero, en Barcelona. Se dan casos dignos de admiración, y así, una muchacha, Marujita Cerezo, no obstante ser ciega y sordomuda, merced al aprendizaje de la Organización puede trabajar en la Biblioteca de la misma. A esta joven se la suele comparar con la célebre norteamericana Helen Keller. El ocho del pasado mes de marzo, en la primera página de "Ya", salió una fotografía donde aparece Marujita Cerezo, su profesora doña Purificación Pavón Montes, la mujer del que fue embajador en los Estados Unidos en España (...).
Pues entre los precursores y aun fundadores de tan benemérita institución, ha figurado una ilustre dama orensana, doña Rafaela Rodríguez Placer, quizá no tan conocida por sus paisanos como ella se lo merece.
Doña Rafaela Rodríguez Placer, vio la primera luz de la vida en una casa solariega de la parroquia de San Eusebio de la Peroja, municipio de Coles, el 16 de febrero de 1868.
Cursó los estudios del Bachillerato en nuestro Instituto Provincial. Poseía los títulos de Bachiller, Institutriz y Maestra de Enseñanza Superior. Cursó parte de la carrera de Farmacia. En el Colegio Nacional de Ciegos fue, además de profesora numeraria, directora de la Escuela de Catequística y subdirectora de la Sección de Niñas. Faleceu en Madrid o 21 de febreiro de 1956. El Ministro de la Gobernación le había concedido, en 1942, el ingreso en la Orden Civil de Beneficencia, con distintivo blanco y Cruz de primera clase..." (1)

Rafaela sentíu predilección polos cegos, en favor dos cales escribiu en varios periódicos e revistas.
Un dos libros de referencia foi Apuntes sobre pedagogía especial de ciegos. Publicou no 1897 varios artigos en La correspondencia de España como "El ciego callejero", "El ciego instruído", "Pobrecitos ciegos. La enseñanza en China", etc.

Como diciamos, foi nomeada mestra auxiliar interina do Colexio Nacional de Cegos no ano 1888 e pasou a ser profesora numeraria en 1905. Nun dos boletíns da Organización dicían dela que estudara a Pedagoxía Especial de non videntes e aportou a esta ciencia os froitos experimentais da súa investigación ininterrumpida. Creou métodos adaptados ás persoas cegas, mellorou procedementos, compuxo matrices para a confección de mapas en relevo, ideou un aparato para debuxo xeomético, un metro con anotacións en puntos. Unha muller de referencia que asistíu a importantes Congresos Internacionais.



(Rafael de Urbano: "El primer Laboratorio de Psicotecnia y Orientación Profesional de los Ciegos" El Debate, 24 de novembro de 1935, p. 9).

Contribuíu ao acceso dos seus alumnos cegos aos Institutos de Ensinanza Media e ás Escolas Normais. Dicía dos cegos que eran un anaquiño da humanidade cos seus defectos e todas as súas perfeccións, e que esas vidas "mortas á cor" estaban case sempre, como a de todos os nenos videntes, ávidas dun amor a unha comprensión que non sempre atopan.

Xubilou no ano 1939 e deixou sempre patente que quería unha educación para as mulleres e defendía que estas acadasen moitos coñecementos pois era o xeito de que se "dignificasen". Esta defensa deu lugar á polémica sostida entre Modesto Fernández e Rafaela Placer en La Voz de Galicia, xa que o primeiro defendía á muller no fogar e non entendía que fose necesario a educación para as mulleres, mentres que Rafaela sempre sostivo o contrario.

Faleceu en Madrid o 21 de febreiro de 1956 cando tiña 88  anos, dos cales cincuenta dedicounos de cheo á súa vocación. Seguiu os seus pasos a súa sobriña Purificación Pavón Montes. Doña Josefína Álvarez de Cánovas sentiu a súa perda e dixo dela que a súa actitude no ensino fora como o a dunha nai ao coidado dos fillos.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
(1) Grande Seara, F. "De lo mucho que la Organización Nacional de Ciegos debe a una familia orensana", La Región, 30 de abril de 1961, p. 11.
Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario (1900-1930)" Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 10, 2006, pp. 147-185. Flecha García, Consuelo, Textos y documentos sobre educación de las mujeres, Sevilla, Kronos, 1998; Flecha, Consuelo: Las primeras universitarias en España, 1872-1910, Narcea, Madrid, p. 134. El Eco de Santiago, 9 de xaneiro de 1897; 
Foto entrada: Antonio Piñeiro, "Rafaela R.Placer. Nai dos cegos", La Región.

01 marzo 2015

ILUSTRACIÓN PORTADA REVISTA ESFERA



Hoxe achego nesta entrada unha belísima ilustración da revista cultural Esfera en cuxa portada do número 190 publicada en agosto do ano 1917 hai unha ilustración da imaxe dunha muller vestida cun traxe de época e que se identifica con Orense. A muller vai vestida cunha saia tipo basquiña, mandil, dengue con abalorios, pano cubrindo a cabeza. É unha ilustración lindisima e encomiable para unha revista de tirada nacional.