Etiquetas

27 enero 2013

MANUELA FERREIRO BOUZAS

Manuela Ferreiro Bouzas naceu en Baños de Molgas no ano 1876. É unha das primeiras mulleres que realizan os estudos de Maxisterio no Instituto Provincial de Ourense, onde ingresa no ano 1905 cando tiña 29 anos. Os estudos realízaos por libre aprobando todas as materias.
No expediente non constan datos familiares.
Vai exercer de mestra en Baños de Molgas.

Vid: Cid Galante, R.Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, formato CD. 2011.

19 enero 2013

AS MULLERES DE ESPAÑA. ORENSE. CARAMELOS FISAS





CARAMELOS FISAS. MARTI MARI Y CIA. BCN. PRINCIPIOS DEL SIGLO XX


Lámina número 32 en cromolitografía que regalaban os caramelos Fisas, Martí Marí y CIA. Esta lámina representa as mulleres de Ourense.Formaba parte da colección que dispensaban estes caramelos e que trataban das mulleres de España de comezos do século XX cos seus traxes. Cada cor correspondía a unha tinta. No reverso viñan datos sobre historia, xeografía, poboación, etc.

CARMUCHA VÁZQUEZ PRATS

Neste blog tamén teñen cabida aquelas mulleres, que sen ter nacido en Ourense, residen na nosa cidade chegando a considerarse ourensás. É o caso de Carmucha Vázquez Prats que naceu en Pontevedra no ano 1934. Seu pai, xefe de estación, foi destinado a Benavente e toda a familia residiría nesta cidade. Dende moi nova comeza a pintar. Foi discípula de Luciano Cárcamo. De novo en Ourense, Carmucha foi profesora adxunta da Escola Normal de Ourense, do instituto Otero Pedrayo e o Intituto Blanco Amor.
A primeira exposición foi en 1958 e no 1959 concédenlle o Premio de Pintura na Exposición Provincial da Obra Sindical "Educación y Descanso". Polo premio foi a Madrid e entrou en contacto con interesantes artistas como Cossio, Elena Frances, etc.
Realizou a súa primeira exposición individual no ano 1962 e foi felicitada incluso por Vicente Risco que a animou a continuar pintando. A partir de entón, comeza a realizar numerosas exposicións destacando a de 1966 en Bruselas na Sala de Artes "Lambermont". Era a primeira vez que expuña unha galega.




Podemos dicir que Carmucha forma parte da orensanía.
Fotos: idem.
El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XXXVIII Número 18634 - 1962 maio 3

MARÍA JESÚS BALLESTER

Pintora ourensá que se se formou na Escola de Artes e Oficios sendo a súa mestra Rosa Caporalle comezando cun estilo clásico.
Posteriormente en Salamanca estuda a carreira de Belas Artes e traballa en arquitectura de interiores. De volta a Ourense comeza unha variada temática pictórica onde se inclúen bodegóns, collages, pintura máis matérica, etc.
Viaxou por distintas partes do mundo reflectindo as súas impresións nos seus cadros.
Vid: Tempo de lecer

13 enero 2013

ROSA BLANCO LAMELA

Rosa naceu en 1888. Foi sometida a Consello de guerra por agochar a fuxidos. Foi detida o 4 de abril de 1937 na súa casa a Rúa da Liberdade número 29 onde estaba acompañada por José González Tesouro, "Machadiña", un dos escapados máis buscados do Concello de Allariz, era directivo da Sociedade de Ousende e un dos homes de confianza de Benigno Álvarez. Rosa foi condeada por un tribunal á pena de 12 anos e 1 día de cadea.

Vid: Prada Rodríguez, J. "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)" en De Juana, J. e Prada Rodríguez, J. (dir.) As mulleres en Galicia no século XX, Vigo, Ir Indo, 2011, pp. 183.