Oleira de comezos do século XX de Santomé, Cartelle. Parece ser que camiñaba polas aldeas da comarca para trasladar os produtos que ela construía e que trocaba por alimentos.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.57.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia.Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles.