Etiquetas

29 junio 2012

PILAR CANTÓN MARTÍNEZ MONJE

Naceu en Ourense en 1913 no seu dunha familia solvente sendo seu pai Enrique Cantón Alvarado empregado de facenda e tamén ilustre poeta . Súa nai era Luísa Martínez Monje Restoy.

 Aos doce anos ingresa no Instituto no ano 1925. Realizou os seis cursos, un por libre os demais por oficial e obtén o título de bacharelato. En 1934 casa en Málaga co propietario de minas ourensás, Víctor González Cerezales




Foto: Vida Gallega, nº 289, novembro 1925. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento publicada polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidad de Vigo.)


MARÍA LUÍSA FERNÁNDEZ CASCALLAR


Naceu en 1902 fóra de Ourense, en Pontevedra, pero estivo residindo na cidade xa que seu pai, Don José Benito Fernández Peón, que era procurador e Director propietario da publicación Galicia Nueva, e por un tempo veu traballar á nosa cidade. 

Fixo o exame de ingreso na Escola Normal de Mestras de Pontevedra o día 16 de setembro de 1916, cando tiña 14 anos, e alí fixo o primeiro curso. No curso 1916-1917 matricúlase no Instituto de Pontevedra tan só na materia de Lingua Castelá e tamén na Normal de Ourense na materia de Aritmética e Xeometría. No curso 1917-1918 inscribiuse no Instituto de Ourense. As materias aprobadas nas Escolas Normais de Pontevedra e de Ourense fóronlle conmutadas para o Bacharelato. O 10 de abril de 1919 solicitou a Certificación para o Instituto de Pontevedra onde acada o título de bacharelato. 

En 1921 ingresa na Facultade de Medicina onde cursa cinco anos, licenciándose, en 1926, con brillantes cualificacións e especializándose en obstetricia. 

Foi a Madrid para fundamentar os seus estudos e estivo pensionada na Residencia de Señoritas onde respirou un ambiente de cultura e intelectualidade.

Xa de regreso a Galicia, en 1927 entrou a formar parte do Colexio de Médicos de Pontevedra, sendo a primeira muller en colexiarse. En 1928,ocupará o posto de Directora do Laboratorio Municipal de Vilagarcía.  Casou o 17 de decembro de 1930 co médico Manuel Lafuente Casares.

Elaboración propia. Vid: Cid Galante, Rosa Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930) publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; VÁZQUEZ RAMIL, Raquel Vázquez (2012). Mujeres y educación en la España contemporánea: la Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid, Akal, Madrid, 2012; Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, Número 36, 1 de xullo de 1927, p. 46; El Compostelano, 1 de outubro de 1924, p. 1; El Compostelano, 21 de abril de 1925, p.2; El Compostelano, 18 de decembro de 1930, p. 2; El Diario de Pontevedra, 24 de maio de 1926, p.2; El Eco de Santiago, 12 de setembro de  1928, p. 2; Foto: Vida Gallega, nº 203, 1 agosto 1922, p. 25; Vida Gallega, nº 229, 25 xullo 1923, p. 15.

REMEDIOS DEL RÍO CELA

Naceu en 1896 en Ourense. O seu pai era artesán da cidade. En 1911, aos 15 anos ingresa no Instituto Provincial onde fai estudos de Maxisterio, rematándoos cunhas cualificacións brillantes. Tamén estudou no Real Conservatorio de Madrid  dende 1913 ata 1921 e obtivo brillantes cualificacións en tres anos de solfexo e cinco de piano. E tiña dotes compositivas como o demostra na peza  Vals del Trébol.
Pero Remedios non só era música senón que tamén se adicou á pintura, realizando exposicións de cadros ao óleo e carbón. Exposicións que realizou na capital e provincia.


             
(Fonte: La Región, 22 de setembro de 1928)

 
(Fonte:La Región, 18 de outubro de 1921).
(Fonte: Eco de Galicia, 5 de febreiro de 1922, p. 13)


(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento. Fotos: Vida Gallega, nº 186, decembro 1921; Vida Gallega, nº 220, marzo 1923).



21 junio 2012

MILAGROS COUREL FERNÁNDEZ

Naceu en Viana do Bolo o 18 de abril de 1889 no seo dunha familia solvente pois era filla de Miguel Courel Armesto, médico e Deputado Provincial por Barco-Viana, e a súa nai chamábase María Benita Fernández.

Aos vintecinco anos ingresa no Instituto Provincial de Ourense despois de realizar o exame de ingreso o 21 de setembro de 1914. Estivo matriculada por oficial ata 1920 e realizou os seis cursos de bacharelato e no seu expediente figura que obtivo dezaoito sobresalientes e dez matrículas de honra.

Pero ese mesmo ano no que acabou o bacharelato Milagros comezou a ter serios problemas de saúde falecendo en xuño de 1920. A prensa do momento destacou a figura de Milagros como unha muller preocupada polo saber e o estudo. Está enterrada en Viana do Bolo.

As súas irmás, Dolores e Trinidad tamén estudarán no Instituto Provincial. Dolores ingresa con 13 anos en 1914 e Trinidad en 1922 con doce anos pero esta só realiza un curso.

(Fonte: La Región, 22 de xuño de 1920, p. 2)


(Fonte: La Región, 22 de xuño de 1920, p. 3)

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, versión electrónica.
Fotografía: Aparece coa súa irmá María, Vida Gallega, nº 77, 1916.

20 junio 2012

IRENE RODRÍGUEZ DURÁN

Naceu en Couso, Sandiás, o 6 de agosto de 1906. Os seus pais eran propietarios de terras e dedicábanse ao campo. Realizou o 29 de setembro de 1917 o exame de ingreso no Instituto no que acadou o Premio de Ingreso competindo con doce opositores. Realizou os seis cursos pola opción oficial para titularse no 1923.  Obtivo vinte e dous sobresalientes, dos cales doce foron mencionados con Premio. O 20 de setembro de 1924 expediu o titulo de Bacharelato. Posteriormente trasladouse á Escola Normal de Ourense onde estudou as materias pertinentes que lle acreditarían o título de maxisterio en 1926 e que foron: Pedagoxía; Labores; Música; Historia da Pedagoxía; Economía doméstica e Prácticas. En todas elas obtivo a cualificación de sobresaliente.

En 1927 estaba exercendo como interina na escola de Pereiro na Mezquita. Tras presentarse ás oposicións en 1929 déronlle praza na escola de Bréixome en Vilar de Santos e en 1931 estivo destinada na escola de Saguñedo na parroquia de Betán, en Baños de Molgas.  En 1935 estaba de mestra na escola de Gondulfes. Exerceu tamén na escola de Sandiás durante moitos anos e alí tamén casou.

Recolle a revista ilustrada Vida Gallega a seguinte reseña de Irene Durán:

"Irene Rodríguez Durán de 11 años, que obtuvo el único premio de ingreso, contendiendo con doce opositores, en el instituto de Orense".

O 27 de agosto de 2006 os veciños de Sandiás fixeron unha homenaxe á que fora a súa grande mestra. Unha celebración oportuna pois cumpría cen anos. Descubriron unha placa na casa onde sempre residiu.

Xavier Feixoo, foi o que me transmitiu esta información. Javier é fillo da sobriña de Irene Durán e díxome que lle contaba moitas historias. Javier retén todo na súa memoria e seguro que continuará escribindo sobre esta interesante muller. Remito ao seu blog para que poidan consultalo: No corazón de Antela. 

Desde aquí, quero darlle publicamente as miñas grazas. Para min é moi emotivo poder falar cos descendentes destas grande mulleres.

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese publicada en versión CD polo Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Foto de Vida Gallega, nº 96, 1917. El pueblo gallego, 15 de setembro de 1927.

17 junio 2012

MARÍA DOLORES COFÁN SOTO

Naceu en Ourense e unha vez concluídos os estudos de bacharelato instálase coa súa familia en Madrid, atraída polo mundo do espectáculo. Debido a esa vocación innata, compaxina as clases de canto e baile co curso de interpretación no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas. Afiánzase como atriz, cantante e bailarina e gaña o concurso "caras novas" de Radiocinema. Protagonizou películas "El azar se divierte" e "El ángel está en la cumbre"

É unha muller polifacética pois toca o violín, a guitarra e o piano. Tamén canta e ten gravados tres discos. Actuou en París e en Marsella e logo pasou dous anos en Portugal facendo televisión e cantando.

Debuta en 1956 cun papel secundario na versión de Fedra de Manuel Mur Oti e logo fai papeis de reparto en Embajadores en el infierno; Tremolina; El genio alegre; Un abrigo a cuadros; Un americano en Toledo. Obtén un papel de certa relevancia en El azar se divierte e a continuación asume o seu papel protagonista en El ángel está en la cumbre

(Fonte: El Pueblo Gallego, 29 de xuño de 1956, p. 7)

Deixa de lado a faceta de atriz cando é elexida Miss España en 1959. Logo adícase á súa faceta de cantante e actúa en Francia e Portugal enactuacións televisivas e programas musicais. Nos anos sesenta regresa ao cine xa só de forma esporádica en películas como Una bruja sin escoba e Carola de día, Carola de noche.  e polos anos cincuenta e sesenta tivo éxito no cine español. 

(Fonte: Pueblo, 27 de agosto de 1965, p. 2)

Vid: Diccionario de cine en Galicia (1986-2000), Xunta de Galicia, 2001. E hemeroteca Galiciana.



MÓNICA LÓPEZ VISO

Compartin algún ano de bacharelato con Mónica no Instituto Otero Pedrayo e considero que debo incluíla no blog pois posúe un grande e interesente currículo sendo tan nova como é. Naceu en Ourense e é doutora en Ciencias Políticas e Sociología na especialidade de Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid.
Exerce como docente na Universidade de Vigo desde o ano 1995, actualmente en calidade de Profesora Contratada Doutora na área de Ciencia Política e da Administración no Campus Universitario de Ourense. É ademais profesora titora no Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) actividade que compaxina, na mesma institución, coa coordinación do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) do Centro Asociado da UNED en Ourense.
Desde o ano 2005 é titular do módulo Jean Monnet The European Union and the Social Policy e membro docente do Centro de Excelencia Jean Monnet da Universidade de Vigo, ambos os dous aprobados e cofinanciados pola Comisión Europea. Compaxina as súas actividades docentes coa súa actividade investigadora ao redor da política social e a política social comunitaria, e máis recentemente a perspectiva de xénero.
Publicou, entre outros: La construcción de la Europa social en su periferia: El Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “El Fondo Social Europeo: escenarios y nuevos retos en el marco de la actual Unión Europea”, en Revista de Estudios Europeos, 43, 2006; “Políticas de igualdad: Galicia en la gobernanza europea”, en Revista de Pensamento do Eixo Atlántico, 8, 2005; “Una perspectiva social del Tratado que establece una Constitución para Europa”, en Revista de Estudios Políticos, 130, 2005; “Reflexiones sobre género y el proyecto de Estatuto de Autonomía de Galicia” en O Terceiro Estatuto Galego. Propostas desde a Ciencia Política, Tórculo Edicións, 2006; “El nuevo espacio social europeo: ciudadanía y bienestar en la gobernanza europea” en Multiconstitucionalismo e multigoberno. Estados e rexións na Unión Europea, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “La ampliación comunitaria hacia los países del Este: incertidumbres y expectativas para los Fondos Estructurales” en Ampliación e Convención: Galicia na encrucillada europea, Tórculo Edicións, 2004; Fundamentos, evolución y configuración del Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Servicio de Publicaciones de la Universidad Complutense de Madrid, 2004; “La Política Social y de Empleo en la Unión Europea” en España e Europa. Do Franquismo ao euro, Xerais, 2002.
Vid: webs.uvigo.es/mviso/

REBECA MONTERO

Rebeca Montero Martínez (n. 10 de abril do 1967 en Ourense) é unha actriz galega formada na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, que desenvolveu a maior parte da súa carreira en Galicia.No mundo da televisión o seu primeiro traballo foi como co-presentadora dun magazine estival chamado "Verán, Verán" para a televisión autonómica galega (TVG). No mesmo medio traballou en numerosas series como Mareas Vivas, "A vida por diante" (a vida por diante), ou actualmente na serie "Matalobos", tamén na televisión autonómica galega. Actriz de teatro actuou en numerosas obras do Centro Dramático Galego e con compañías privadas como Caritel ou Sarabela. O 24 de marzo de 2009 recibiu o premio de Teatro Maria Casares á actriz secundaria pola obra A boa persoa de Shezuan. Premio que volvería recibir no 2010 pola obra "Ou segredo dúas Hoffman".Actualmente atópase traballando no Centro Dramático Nacional en Madrid.
Vid: http://es.wikipedia.org/wiki/Rebeca_Montero

16 junio 2012

MARÍA CARBALLAL

Mariana Fernández Pérez, coñecida como Mariana Carballal, é unha actriz española nada en Albarellos, Monterrey, (Ourense) en 1962. Ten unha ampla formación como intérprete: é Licenciada pola Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza (1983) e titulada como actriz de dobraxe, ademais de realizar multitude de cursos de ortofonía e dicción ou dirección para actores de cinema entre outros. Ademais de traballar en multitude de series de televisión e películas, tamén fixo traballos como directora, destacando esa faceta na serie de TVG Libro de familia. En teatro traballou con Teatro de Cámara (Madrid) e co Centro Dramático Galego. Tamén exerceu como profesora de interpretación.
Vid: http://es.wikipedia.org/wiki/Mariana_Carballal