Etiquetas

29 abril 2012

ROSA PONS I FÁBREGAS

O profesor Xosé Manuel Cid Fernández fai a portación desta muller no album de mulleres de Cultura Galega. Unha muller que tivo unha grande repercusión na educación da provincia de Ourense. Transcribimos aquí un resumo da valiosa información do profesor Xosé Manuel Cid. 
Rosa Pons naceu en Barcelona en 1902 e faleceu en Parada do Sil en 1988. 
Realizou os seus estudos de maxisterio en Cataluña e desde 1925 trasladouse a Parada do Sil, onde contraeu matrimonio co secretario do concello, Camilo Yáñez, con quen tivo dous fillos, Rosa, en 1928, e Camilo, en 1930. Xunto co cura da localidade, José Manuel Soto, fundou o Teleclub Ouro do Sil, organizando actividades teatrais, xornadas de alfabetización e excursións educativas. Ademais, foi unha das primeiras profesoras que retomou as festas populares como os magostos e o Día da Árbore. 
En 2009, recibiu unha homenaxe por parte do Concello, déuselle o seu nome a unha praza.

Rosa Pons, levou a cabo nas escoliñas rurais ourensás  como a de Sacardebois en Parada do Sil, a mellor pedagoxía do momento estendida por toda Europa: a pedagoxía da Escola Nova. A súa formación na Escola Normal de Barcelona, pensada para un sistema educativo moderno, deulle unha bagaxe teórica e práctica para o exercicio da profesión.  A súa foi unha experiencia renovadora que xerou entusiasmo nas nenas e na sociedade de arredor. Iso é o que fixo aínda máis meritorio o seu traballo. 

Na escola de Parada do Sil vai aplicar métodos totalmente innovadores como boa coñecedora a fondo de Montessori e Decroly, Rosa  integrou no seu ensino os xogos; aplicou os métodos de Decroly; realizaba saídas pola comarca para estudar o medio da contorna...

En 1932 e 1933 organizou as Misións Pedagóxicas, xunto co mestre Alfonso G. Rojo. Xuntan as dúas escolas, para tentar a graduación e a coeducación, como vantaxes pedagóxicas, inda rexeitadas en contextos rurais. 

En xuño de 1933 decide trasladarse a Barcelona e  primeiro traballar no Ramón Llull e logo no Isaac Albéniz onde se xubilou puido levar adiante as súas ideas metodolóxicas. 

Consérvanse uns extraordinarios cadernos de aulas, escritos en catalán polo seu alumnado durante os anos 1934 e 1936. Nun contexto de represión e censura do franquismo, traballou aqueles aspectos que o réxime non acada a ver como perigosos como o teatro. 

Unha vez xubilada e de novo en Parada de Sil, fai traballo comunitario. Xuntou a veciñanza no gozo e preservación das festas e tradicións populares a través do Teleclube. Este foi premiado polo Goberno, por este motivo Manuel Fraga Iribarne, entón ministro da Gobernación, visitou Parada de Sil. 

A obra que se conserva desta insigne mestra son os Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1926: Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1927: Cuadernos de rotación, Escola de nenas de Parada de Sil 1934: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona 1935: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona 1936: Cuadernos de rotación, Grupo escolar Ramón Llull de Barcelona. 

El Pueblo Gallego, 7 de outubro de 1927, p. 11.


El Pueblo Gallego, 14 de decembro de 1932, p. 11.

El Pueblo Gallego, 12 de febreiro de 1933, p. 13.


La Región, 27 de outubro de 1927, p.1.

Vid: Xosé Manuel Cid Fernández en www.culturagalega.org e ampliada a información con fontes da hemeroteca.

21 abril 2012

ANTONIA CONDE NIETO

Coñecida como Madre Salud. Naceu en Ourense, onde realiza os estudos para completalos logo en Madrid. En 1956 marchou a México e instalouse primeiro na Colonia Cuahtémoc como encargada da comunidade relixiosa e do Kinder Conchita. Iniciou a fundación do colexio Miraflores e entreou a súa vida á educación e ao ben dos demais. A relixiosa fundou no país azteca varios centros escolares, entre os que destacacan, ademais do mencionado Miraflores, os colexios Cuernavaca e Toluca, no Estado de México. conde nieto desempeñou ademais cargo de asesora no Colexio Reina Madre e no Carme Salles School e foi presidenta do Comité de Colexios particulares. Cando ocupaba este cargo, negociou co goberno mexicano para acadar melloras na educación. Tamén traballou en varios grupos de alfabetización e fundou obras sociais como colexios gratuítos: Anxelo Matute Vidal onde actualmente estudan 70 nenos.
Vid: Gran Enciclopedia Galega. Apéndices 2005-2010, vol. 37 p. 28.

15 abril 2012

ÁNXELES JORRETO VEIGA

Naceu en Ourense e en 1965 estableceuse en Vigo, cidade na que intensifica a súa produción artísitca a través da investigación de diversos materiais e buscando novas formas para inserir nos seus traballos, centrados principalmente na pintura. A súa formación foi autodidacta e realiza as súas primeiras exposicións en 1990 mentres se forma como conservadora preventiva de bens culturais no Museo Municipal Quiñones de León e promove varios cursos de pintura e artesanía. Exhibiu a súa obra en Vigo, Ourense, Pontevedra, Tui, Madrid, Bilbao, Milán...é membro da Asociación de Artistas Plásticos de Vigo, da Federación Internacional de Artistas Plásticos de Barcelona e socia fundadora da Asociación de Artistas Plásticos Galegos.  Segundo Pedro Solveira, a obra de Anxeles caracterízase pola súa espontaneidade, o pincel é libre e voa por un mundo vexetal que o invade todo. Francisco Pablos indica que os temas simples teñen certo intimismo a pesares do seu quente cromatismo.
Vid: Enciclopedia Galega, Apéndice 2000-2005, tomo 38.

04 abril 2012

MARÍA PILAR PRIETO ANTÓN

Naceu en Avión (Ourense) no ano 1953. Cursou estudos de Arquitectura e en 1977 comezou o seu labor investigador traballando en proxectos de iniciativa privada. Xefa da Unidade Departamental de Estudos e factibilidade en 1988 participa na reordenación urbana da cidade de México, concretamente nos Aneis Periféricos Arco Norte e Arco Oriente, Puentes, Paso a Desnivel e Reforma de Arquímedes Rubén Darío entre outras. É autora do libro Geometría III (Universidade La Salle) e intervén no proxecto e obra do edificio de Oficinas nos Campos Elíseos da Colonia Polanco (México, 1991) e en España no Centro de Rehabilitación Fisioterapeuta e Xeriátrico para a Unión Europea (Valencia). Dende 1991 imparte docencia na Universidade Nacional Autónoma de México. Recibiu o premio de Arquitectura en 2004.

O seu traballo e escritos foron publicados internacionalmente, incluíndo revistas como Volume, eVolo, Aglutinacións (Online), PIN-UP Magazine, libros da Tate Liverpool e do Ministerio de Vivenda de España e catálogos de exposicións da Fundación Marcelino Botín (como artista en residencia con Antoni Muntadas) e 2008 Culturas (Escenarios de Cambio) do Ministerio de Cultura de España. Desde 2004 María conduciu un proxecto de entrevistas sobre Arquitectura e Política cunha lista aberta de pensadores e artistas, entre eles Bruno Latour, Krzysztof Wodiczko, Chantal Mouffe (con Elise Youn), Olafur Eliasson e Elizabeth Grosz. 

Deu conferencias en Columbia University, Interactive Institute NVISION Studio, Medialab-Prado, a Escola de Arquitectura de Sevilla e a Fundación do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, e presentado o seu traballo de investigación no MIT, Berkeley, Yale, a Bauhaus-Universität Weimar, IUAV Istituto dei Storia dei Architettura (Aula Tafuri), a Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC. María recibiu un Master of Science in Advanced Architectural Design-MSAAD da Graduate School of Architecture, Planning and Preservation de Columbia University e actualmente está a facer o seu doutoramento no Manchester Architecture Research Centre-MARC. Directora fundadora de ARCHITECTUREPUBLIC, unha axencia internacional de investigación para colaboracións arquitectónicas e editoriais, onde pretende instigar prácticas a man radicalmente e activamente para representar realidades vulnerables  na interacción entre o servizo público, a produción de coñecemento e a proxección da arquitectura.

Vid: Gran Enciclopedia Galega. Apéndice 2000-2005, nº 40, p. 147.
Vid: http://medialab-prado.es/person/maria_prieto
Foto: Propuestas in consultas