Etiquetas

26 febrero 2012

BASILISA ABELLA ALONSO

Naceu en 1911 e estudou no Instituto Provincial de Ourense pero non era natural de Ourense ela naceu en San Juan de la Mata. Ingresou nos estudos de bacharelato no ano 1922, cando tiña 11 anos. Estudou os seis cursos por libre e, cunha media de aprobado, acadou o título de bacharelato que se lle expediu o 26 de marzo de 1930 e logo trasladouse á Escola Normal de Ourense e despois á Normal de Lugo onde se lle expediu o título de Maxisterio en 1932. No ano 1934 estaba nas listas de mestras interinas.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato CD por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; El Ideal gallego, 26 de marzo de 1930; El Ideal gallego, 15 de xullo de 1932.

10 febrero 2012

AMALIA ROSINA SÁNCHEZ GÓMEZ

De novo conto coa colaboración de Ana Malingre. Esta vez proporcióname información da súa tataravoa,  Dona Rosina Sánchez Gómez, que era a muller de Lamas Carvajal e a que ao longo da súa vida axudou ao seu home a escribir xa que el era cego. Non en van, a prensa do momento, La Región do 16 de novembro de 1940 escribiu os seguintes eloxios sobre "La mujer del poeta":


Rosina Sánchez naceu na Garda e foi a muller de Valentín Lamas Carvajal con quen casou o 4 de xaneiro de 1874. Unha vez casados asentáronse definitivamente en Ourense e tiveron numerosa descendencia. Rosina fora compañeira de estudos de Valentín Lamas. Os dous estudaron na escoliña que quedaba na rúa Lepanto, na casa de Francisco Dopazo, e que estaba rexentada por Don Antonio Agregán. Era unha escoliña mixta e Valentín e Rosina compartían pupitre. Sempre andaban xuntos. Dise que as compañeiras para meterse con Rosina quitábanlle a pluma pero Valentín sempre lle daba a súa para que non quedara sen facer as tarefas da escola. Durante un tempo Rosina marchou a Segovia pois o seu pai médico foi alí a ocupar unha praza. Pero logo regresaría e reencontrouse con Valentín que xa estaba estudando medicina en Santiago pero que non a esquecera e decidiron casar. El continuou os estudos para rematar a carreira e, mentres tanto, Rosina facíase cargo dos labores do fogar.

Pero ese non é o mérito, o mérito dela está en que era unha grande amante da cultura. Isto quedou demostrado cando se puxo en contacto co director da Biblioteca Provincial de Ourense, Don Juan Fernández Pérez, parar doar toda a biblioteca do seu home, Valentín, debido a que quedou totalmente consternada polo incendio que sufríu a Biblioteca no mes de xaneiro de 1928. Dona Rosina sabendo que ían a proceder a restaurala ponse en contacto co director dicíndolle: "Señor Don Juan Fernández Pérez, director de la biblioteca Provincial. Mi distinguido amigo: por los periódicos me entero de la magna empresa que van ustedes a realizar, restaurando la Biblioteca Provincial. Como orensana y amante de la cultura, he de contribuir a tan admirable obra, y para ello hago donación de todas las obras de que es autor Don Valentín Lamas Carvajal, mi llorado esposo..." .

Rosina foi unha muller comprometida coa cultura, como acabamos de ver. Pero non se quedou aí, senón que ademais tiña contactos con Sociedades Culturais de Sudamérica aos que lles enviaba exemplares do seu home para que os vendesen e as gañancias obtidas as investisen na Sociedade:

Boletín oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su distrito. Costa Rica: Ano XI Número 48 - 1932 xullo

Rosina Sánchez converteuse na promotora e  divulgadora dos escritos de Valentín Lamas Carvajal tras a súa morte en 1906.

A continuación amósanse as palabras de agracedemento que lle escribe e dirixe José Castro, o insigne político e literato portugués, a Rosina Sánchez por enviarlle un exemplar do "Catecismo d´o Labrego".

La Región, 17 de novembro de 1922.

Segundo Blanco Amor, Rosina era "muller asisada i-enérxica". Valentín Lamas escribiríalle os seguintes versos:

"A ti que eres la cariñosa compañera de mis infortunios;
a ti que has unido tu suerte a la mía, te dedico mis versos;
vago remedo de mis quejas íntimas;
lejano simulacro de las batallas que se libran en mi interior;
imperfecta fotografía de la desconsoladora soledad en que vivo en el mundo"

(Elaboración propia)

Vid: El Pueblo gallego, 29 de xaneiro de 1928; Vida Gallega, 31de marzo de 1926.Vid: VV.AA, Gran Enciclopedia Gallega. Entrada Lamas Carvajal, V., Tomo 18, Gijón, 1974, pp. 187-200.